InicioVigo e contornaVigoA Xunta xa pon data para a apertura do novo centro saúde...

A Xunta xa pon data para a apertura do novo centro saúde de Bouzas: será a finais de verán

Abel Caballero volveu a criticar que a execución do centro de saúde de Bouzas acumule "dez anos de atraso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta prevé que o novo centro de saúde do barrio vigués de Bouzas, do que se executou máis do 80%, entre en servizo a finais deste verán. Durante unha visita realizada este luns ás obras deste complexo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, lembrou que a construción do novo centro de saúde supón un investimento autonómico de 1,4 millóns de euros e que este terá capacidade para atender a case 10.000 usuarios.

Deste xeito, Ethel Vázquez sinalou que se busca dotar á contorna dun centro de medicina de Familia que preste os servizos que polo momento reciben os residentes na zona nos ambulatorios de López Moura, Beiramar e Navia.

En concreto, o novo centro de saúde contará con dúas plantas repartidas en dous volumes: a casa pequena –reservada para instalacións, vestiarios e a sala de reunións– e a grande –que acollerá tres consultas de Medicina de Familia, tres de Enfermaría e unha sala polivalente.

CRÍTICAS DO ALCALDE

Pola súa banda, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, volveu a criticar que a execución do centro de saúde de Bouzas acumule “dez anos de atraso” e que este fose “dividido á metade”, o que, ao seu xuízo, suporá que “non poida atenderse a toda a xente” da zona no mesmo.

Así, remarcou que este centro “albergará a metade das consultas” previstas inicialmente e reprobou que “se baixase” o orzamento do mesmo de 2,2 milllones de euros a “pouquiño máis de 1 millón”, unha cifra que comparou cos 700.000 euros investidos polo Concello na adquisición do chan.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...