InicioVigo e contornaVigoVigo descende en casos activos pero suma un hospitalizado

Vigo descende en casos activos pero suma un hospitalizado

A área olívica xa non é a máis afectada de Galicia en ningún dos indicadores da covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos casos activos de Covid-19 disparáronse a 111 no conxunto de Galicia tras permanecer desde o inicio desta semana por baixo do centenar e os casos activos soben lixeiramente por primeira vez tras 25 xornadas consecutivas en descenso. Pola súa banda, os pacientes ingresados descenden a 61 –un menos–.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, aumentan a 16 os pacientes Covid en UCI –un máis– e descenden a 45 os doutras unidades –dous menos–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Pontevedra e O Salnés e Lugo; mantense nas de Ourense, Santiago e Barbanza e Ferrol; mentres que aumenta lixeiramente nas da Coruña e Cee e Vigo. Na de Vigo continúan dous en críticos e soben a oito os doutras unidades –un máis–; cifras que a sitúan por detrás do distrito coruñés.

BAIXAN OS CASOS

En canto aos casos activos de Covid-19 aumentaron lixeiramente a 1.355, nove máis, despois de acumular 25 xornadas consecutivas de descenso, ao haber menos altas (102) que contaxios (111). No entanto, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado –o día 15 dese mes había 1.337–. As infeccións activas descenden en Santaigo e Vigo, onde baixan a 264, 10 menos que na xornada anterior e moi por detrás dos 410 da Coruña. Todo despois de rexistrar apenas 11 contaxios dos 113 confirmados na xornada anterior, menos que A Coruña, Ourense ou Lugo.

En canto á taxa de positividade a nivel galego, aumentou por encima do dous por cento ata o 2,42%, despois de comezar a semana nun 1,1% e ascender lixeiramente a un 1,4% o martes e a un 1,5% este mércores. No entanto, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...