InicioSociedadePiden 22 meses de cárcere para un acusado de difundir fotos íntimas...

Piden 22 meses de cárcere para un acusado de difundir fotos íntimas íntimas da súa exparella

Reclaman tamén que se lle prohíba achegarse á exparella durante dous anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 22 meses de prisión para un home acusado dun delito de revelación de segredos e outro de coacción sobre a muller, tras enviar a unha familiar fotos íntimas da súa exparella, á que ameazou con difundir máis imaxes se non o desbloqueaba no seu teléfono.

O acusado, que será xulgado este xoves na sala do Penal 2 de Vigo, mantivo unha relación sentimental coa prexudicada ata principios de abril de 2020. Durante ese tempo, tomou varias fotografías, con consentimento da que entón era a súa parella, de carácter íntimo e sexual.

Posteriormente, enviou as fotos ao teléfono da súa irmá movido polo ánimo de atentar contra a esfera íntima da súa exparella. A continuación, desde o teléfono da súa irmá, envioulle unha mensaxe á vítima con ánimo de coaccionala para que o desbloquease e accedese a falar con el.

Nesa mensaxe, mostráballe catro fotografías íntimas e advertíalle de que tiña “moitas máis”. Así mesmo, ameazáballe con enviarllas ao seu pai ou imprimilas para colocalas pola rúa, a menos que o desbloquease.

A Fiscalía considérao autor dun delito de descubrimento e revelación de segredos e outro de coacción sobre a muller, e pide que sexa condenado a penas que suman 22 meses de prisión. Tamén reclama que se lle prohiba achegarse ou comunicarse coa súa exparella por un período de dous anos.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...