InicioMedio Ambiente e PatrimonioEstudan os sedimentos mariños da época xeolóxica actual para recoñecer o impacto...

Estudan os sedimentos mariños da época xeolóxica actual para recoñecer o impacto ambiental humano

Os científicos analizarán os microplásticos, contaminantes e outras variables en sedimentos do norte da Península Ibérica depositados durante o período xeolóxico actual: o Holoceno, que comezou hai uns 12.000 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

“ANTROPIMAR” é o nome do proxecto que ten por obxectivo analizar o impacto ambiental histórico das actividades humanas ao longo dos estuarios e a plataforma da costa norte da Península Ibérica. O proxecto comezou en 2019 pero interrompeuse por mor da pandemia da COVID-19, que impediu o desenvolvemento das mostraxes iniciais. Agora, retomada a actividade habitual, a pasada semana leváronse a cabo, de forma simultánea, unha campaña de mostraxe na zona intermareal da enseada de San Simón e a mostraxe da zona submareal da ría de Vigo a bordo da embarcación INNDAGA, pertencente á Universidade de Vigo.


O proxecto está codirixido por investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO, e conta coa participación do grupo de investigación GEOMA da Universidade de Vigo. Segundo Lucía  Viñas, investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo, “este proxecto servirá para evidenciar a pegada do  Antropoceno en sedimentos costeiros da costa atlántica española. Noutras palabras, como o impacto humano modificou ata tal punto as condicións que se pode falar dun período xeolóxico diferente.”

A mostraxe realizada a pasada semana centrouse en tomar testemuñas de sedimento que permitirán avaliar diferentes parámetros:  microplásticos, contaminantes orgánicos e inorgánicos, caracterización sedimentolóxica,  foraminíferos, pole, metais,  isótopos radioactivos, para identificar signos das presións humanas. Nestas campañas participaron investigadores dos diversos socios do proxecto, o que permitiu realizar a primeira reunión presencial do equipo de traballo, xa que as restricións debido á pandemia permitiran unicamente realizar reunións de traballo virtuais.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO), é un Centro Nacional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, dedicado á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento científico dos océanos, a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e o medio ambiente mariño.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...