InicioVigo e contornaVigoA Policía Local de Vigo captura en pouco máis de 24 horas...

A Policía Local de Vigo captura en pouco máis de 24 horas tres serpes

Dúas das serpes foron atopadas en vivendas, unha nun salón e outra nun garaxe

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os axentes da Policía de Vigo capturaron en pouco máis de 24 horas tres serpes despois de recibir alertas de veciños. Dous delas estaban no interior de vivendas, unha nun garaxe e a outra no salón da casa.

A primeira intervención tivo lugar ás 16,20 horas do pasado mércores 26 de maio, cando un veciño de Camiño Lameiro alertou á oficina da policía municipal ao atoparse cunha cobra no salón do seu domicilio. Desprazados ao lugar, os axentes da unidade especializada da Policía Local para este tipo de actuacións capturaron ao animal, que foi liberado posteriormente no seu hábitat.

Horas despois, minutos antes das 21,00 horas, outra chamada telefónica solicitaba axuda polo avistamento dunha culebra duns 60 centímetros nun camiño próximo a un núcleo de vivendas en Sabarís. De novo, o equipo especializado acudiu á zona, onde localizou o exemplar, unha serpente bastarda, para, de novo, proceder á súa solta.

O último caso tivo lugar 24 horas despois. Ás 19,12 horas, unha muller avisaba da localización dunha serpe pequena no garaxe da súa vivenda, situada na rúa Llorente da cidade olívica. Ata alí mobilizouse un equipo de axentes para capturar o réptil, unha serpe escaleira que, como establecen os protocolos, foi liberada no seu hábitat.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...