InicioSucesosA historia de cada día en Vigo: condutores triplicando a taxa de...

A historia de cada día en Vigo: condutores triplicando a taxa de alcoholemia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O que sucedeu este martes non é diferente do que está a acontecer cada xornada na nosa cidade. O estraño é que na docena de controis de alcoholemia que realizan os corpos de seguridade non atopen canda menos un condutor ebrio que duplica ou triplica a tasa de alcholemia permitida, superando o límite penal.

De tal xeito, ás 00:10 horas da madrugada deste martes, durante un control de vehículos que se realizou na Avenida Atlántida, axentes da Policía Local de Vigo interceptaron a un turismo da marca Citroën Berlingo no que viaxaba soamente o condutor.

No momento da identificación, os axentes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. Tras realizarlle a proba preceptiva de determinación do grado de impregnación alcohólica, esta arroxou un resultado positivo de 0,82 miligramos de alcohol por litro de aire expirado na primeira proba e 0,77 mg/l de aire expirado na segunda, sendo estas taxas moi superiores ás máximas permitidas.

O varón de 34 anos de idade, nacido en Venezuela e domiciliado en Vigo, foi encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por un presunto delito contra a Seguridade Vial ao superar o limite penal establecido.

Tamén se realizou a proba de alcoholemia ao condutor dun turismo da marca Audi A6, no que viaxaban cinco persoas, tras pasar a luz vermella non intermitente dun semáforo. Estes feitos ocorreron ás 01:50 horas da madrugada do día de hoxe, martes 10 de xullo, na intersección da rúa Ventura González Prieto con Travesía de Vigo.

O varón, de 41 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, presentaba signos externos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, arroxando un resultado positivo de 0,70 e 0,66 miligramos de alcohol por litro de aire expirado, sendo estas taxas superiores ás máximas permitidas, polo que foi encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por un presunto delito contra a Seguridade Vial.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...