InicioSociedadeOs veciños de Teis: "Desde o Concello só se eliminan prazas de...

Os veciños de Teis: “Desde o Concello só se eliminan prazas de aparcamento, sen planificar solucións”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis vén de denunciar publicamente que o proxecto de humanización do encontro da rúa Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, coa creación dunha nova praza, “suporá a eliminación de ao redor de 20 prazas de estacionamento na zona e agravará o problema da falta de estacionamento en Teis”.

A veciñanza do Barrio das Flores trasladou nunha asemblea veciñal a súa preocupación pola eliminación de prazas de estacionamento nesta zona, que aumentará o problema de estacionamento no Barrio das Flores, “que xa está saturado na actualidade”.

Esta humanización recolle o recuamento dun tramo do muro na rúa Nardos, e na veciñanza hai preocupación, “pois descoñecemos como pode afectar as vivendas do Barrio das Flores lindeiras co muro, debido á escasa cimentación das vivendas construídas a finais dos anos corenta do século XX”.

A Asociación Veciñal de Teis asegura ter solicitado hai varias semanas por escrito unha xuntanza co concelleiro de Fomento para tratar sobre esta humanización ( estacionamento e recuamento do muro) sen recibir resposta até o de agora.

“Desde a Asociación Veciñal de Teis observamos que en Teis hai un problema grave de falta de zonas de estacionamento. Desde o Concello, só se eliminan prazas, pero non se planifican solucións, como crear novas zonas de aparcamento ou a construción dun estacionamento soterrado”, selan.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...