InicioSociedadeDefenden que o Vigo SeaFest "incumpre o Estatuto" ao ter financiación pública...

Defenden que o Vigo SeaFest “incumpre o Estatuto” ao ter financiación pública e “excluír” o galego

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Vigo SeaFest-Festival ARVI do Peixe celebra este ano a súa segunda edición na cidade de Vigo, e desde a Mesa pola Normalización Lingüística lamentaron que o galego “fique desaparecido de todo o festival gastronómico, musical e industrial”.

O Vigo SeaFest-Festival ARVI do Peixe é un evento que reúne diversos grupos musicais, industria pesqueira e conserveira así como a cociñeiros e cociñeiras galegas que desenvolven mostras de cociña durante os catro días do festival.

“Malia que o evento se desenvolve en Galiza, ten achegas de cartos públicos e nel participan empresas e profesionais de galegas e galegos, a lingua propia do país fica excluída da programación, comunicación, web, redes sociais e actividades”, subliñan.

o galego, valor engadido

Engadiron ademais que “este evento conta con financiamento público polo que se estaría a incumprir o Estatuto de autonomía de Galiza dispón no seu artigo 5 que a lingua propia de Galiza é o galego, e que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa”.

Do mesmo xeito, empregando só o castelán “estárían a incumprir o apartado c) do artigo 13 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no que se rexeitan as prácticas que tendan a desmotivar o uso das linguas rexionais ou minoritarias na marco das actividades económicas ou sociais”.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembroulles ás administracións públicas -Xunta de Galiza, Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo- a obriga de promoveren a lingua galega, e animan á organización do Vigo SeaFest-Festival ARVi do Peixe a non excluír o galego, “pois empregando a lingua propia, confíreselle unha entidade propia aos produtos galegos, identificándoos como produtos de calidade e xerando un valor engadido”.

ÚLTIMAS

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír...

Vigo investirá máis de 2 millóns nunha exposición inmersiva sobre Julio Verne que despois viaxará a París

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...