InicioSociedadeO servizo de recollida do lixo en Vigo desconvoca as folgas indefinidas...

O servizo de recollida do lixo en Vigo desconvoca as folgas indefinidas de xullo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea de traballadores de FCC, concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria do Concello de Vigo, decidiu este luns á noite por unanimidade aprobar o preacordo sobre o convenio alcanzado horas antes polo comité e a dirección, o que permite desconvocar a folga indefinida prevista a partir do vindeiro día 13.

O novo convenio colectivo, que terá unha duración de catro anos, inclúe melloras sociais e contempla unha suba salarial superior á proposta inicialmente pola empresa. Segundo informan dende o comité de empresa de FCC, presidido pola CIG, o acordo ratificado en asemblea establece unha duración para o convenio de catro anos (2018-21), fixando un incremento retributivo do 2% para os dous primeiros anos e do 3% para os dous seguintes.

Asamblea do comité de empresa da FCC/ Miguel Núñez

A maiores, introdúcese unha cláusula de revisión salarial do 1,5% para os dous primeiros anos e inclúese no cuarto ano o pago do complemento de produtividade no abono das pagas extra. Ademais, cada traballador recibirá un salario completo a maiores como compensación no momento da xubilación.

Entre as melloras sociais pactadas salientan que as traballadoras en estado de xestación pasarán a situación de incapacidade temporal (IT) por risco no embarazo a partir da semana 16; que todas as baixas por calquera suposto entre o persoal fixo serán cubertas pola bolsa de emprego do persoal de fin de semana; que se mantén a xubilación parcial por contrato de relevo con carácter indefinido, así como a reserva do posto de traballo durante tres anos para o persoal afectado por unha incapacidade; por último, as licenzas retribuídas amplíanse a 15 días no caso de falecemento dun fillo, mentres que as demais gozaranse en días laborábeis.

Lixo
Fcc, flota de camións do lixo/Miguel Nuñez

Dende o comité de empresa fan unha valoración positiva do acordo que permite desconvocar a folga indefinida prevista para o día 13 e inciden en que permite manter e ampliar os dereitos sociais conquistados polo cadro de persoal ao longo dos anos a través da mobilización, ademais de supoñer unha mellora nas condicións salariais do conxunto dos traballadores. 

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...