InicioVigo e contornaVigoAfunde o arrastreiro en Bouzas

Afunde o arrastreiro en Bouzas

O barco escoraba esta tarde debido á auga utilizada para a extinción, que terminou por alagar o buque.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os danos provocados polo lume fixeron que o buque escorase esta tarde, para finalmente comezar a afundirse pola popa do barco.

O barco escoraba esta tarde debido á auga utilizada para a extinción, que terminou por alagar o buque.

O incendio afectou principalmente á área de adegas, onde se orixinou o lume dous niveis por baixo da cuberta, e ao parque de pesca do barco. Os tres tripulantes que estaban no conxelador atópanse ben e non houbo que lamentar danos persoais.

Barreiras anticontaminación

Un total de dúas barreiras de contención anticontaminación foron despregadas no porto vigués de Bouzas tras orixinarse un incendio nun buque que escorou e finalmente afundiu, aínda que non houbo feridos.

Fontes da Autoridade Portuaria e a Policía Nacional detallaron que se mobilizaron o buque Don Inda de Salvamento Marítimo e dous remolcadores para arrefriar o casco de babor do barco e axudar á súa estabilización tras a escora producida debido á auga utilizada para a extinción, que alagou o buque.

Unha embarcación de SEGEM permanecía no lugar e, aínda que se produciu unha pequena explosión a bordo sobre as 13,15 horas, non houbo danos persoais. Así, os bombeiros de Vigo, en coordinación con Policía Local, Nacional e Portuaria, traballaban na extinción do incendio, que provocou unha importante fumareda, aínda que sen que se rexistraron danos persoais.

A alerta activouse sobre as 8,45 horas da mañá deste xoves, cando os servizos de emerxencia recibiron o aviso de que ardía un barco na terminal de Bouzas.

Trátase dun arrastreiro conxelador con bandeira británica, o ‘Baffin Bay’, que pertence á armadora viguesa Grupo Copemar, e no que se se realizaban reparacións que incluían traballos en quente. O buque conta con 68 metros de eslora, 13 metros de manga e un calado de sete metros e chegou a Vigo tras unha viaxe de máis dun mes de duración, con orixe no porto de Montevideo.

INCENDIO

O incendio afectou principalmente á área de adegas, onde se orixinaron dous niveis por baixo da cuberta, e ao parque de pesca do barco. Ow tres tripulantes que estaban no conxelador atópanse ben e non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informou a Policía Local, os bombeiros tiveron que traballar inicialmente arrefriando o casco da nave desde o exterior, ante a imposibilidade de acceder ao barco pola gran cantidade de fume xerado.

A Autoridade Portuaria prestou a súa colaboración aos bombeiros na actuación, que coordina xunto a Gardacostas de Galicia, Capitanía Marítima, Salvamento Marítimo e Protección Civil.

Tras declararse o incendio, retirouse o material inflamable de cuberta cun vehículo do servizo portuario de amarre e os aparellos e redes de a bordo. Ademais, cortáronse varias pezas metálicas do buqe para dispor dunha maior accesibilidade aos puntos de lume.

Os bombeiros conectáronse aos hidrantes desde primeira hora da mañá, mentres a Policía Portuaria e os servizos de conservación e seguridade do Porto realizaron labores de coordinación de medios e de control perimetral na zona.

Así mesmo, trasladáronse bombas de achique da Autoridade Portuaria e outra da empresa de mergullo Northcom Diving e solicitouse a asistencia dun camión bomba con gran capacidade de evacuación de auga.

ÚLTIMAS

Trámites de urxencia na Xunta para reparar as válvulas da presa de Eiras que fornece Vigo

A Xunta, a través de Augas de Galicia, iniciou este xoves os trámites por...

Deterioración grave en Eiras: Augas de Galicia tomará este xoves a decisión definitiva sobre a reparación da presa

Augas de Galicia adoptará este xoves a decisión definitiva sobre a actuación necesaria na...

Vigo acolle o debate da CRUE para esixir máis financiamento e menos burocracia na investigación universitaria

O Auditorio Mar de Vigo acolle estes días as XXXI Xornadas de Investigación das...

Segue a busca da muller desaparecida en Vigo o pasado sábado

Os servizos de emerxencia continúan buscando a María L.S.X., de 55 anos, desaparecida o...