InicioSucesosUnha viguesa gaña dous xuízos contra a Xunta e a súa xestión...

Unha viguesa gaña dous xuízos contra a Xunta e a súa xestión da RISGA

PUBLICADO O

Fai uns meses, unha viguesa beneficiaria da RISGA (Renda da Integración Social de Galicia) recorreu no Xulgado unha resolución da Xunta que a obrigaba á mudarse de domicilio por estar convivindo con outra perceptora da mesa axuda, baixo ameaza de retirarlle a prestación.
Esta viguesa, de nome Lucía, levou dita decisión á vía xudicial e o Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, o cal lle deu a razón e ditou sentenza anulando dita resolución por ser contraria a dereito.
Así, segundo defenden dende a Oficina de Dereitos de Coia, a sentenza deixaba claro que “a Xunta non pode prohibir a percepción de máis dunha RISGA por domicilio” e literalmente sinalaba: “Sería inverosímil que dúas persoas que perciben sendas prestacións para eludir a sua exclusión social tiveran que excluírse mutuamente, para non incorrer en esaxerada inclusión”.
Ante dita resolución xudicial, Lucía reclamou á Xunta os danos e prexuízos sufridos con esa decisión, “tales como o aumento dos gastos que supuxo o cambio de vivenda, a mudanza… e sobre todo, o padecemento moral e a angustia que dita situación lle provocou. Coma sempre a Xunta negou dita responsabilidade, e Lucía tivo que volver aos Tribunais”, denuncian.

“políticas miserentas”

Novamente, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo deu a razón a Lucía e ditou a sentenza nº 153/2.018 de 20 de xuño pola que se declara a responsabilidade da Consellería de Política Social e a condena a responder polo sufrimento e prexuízos causados á compañeira, por medio do aboamento dunha indemnización económica á mesma.
“Unha pequena vitoria máis conseguida grazas ao esforzo e valentía dunha perceptora da RISGA cansa de ser obxecto de control e maltrato por parte da Xunta. Como a todas nós, Lucía estaba farta das políticas miserentas desta Consellería, incapaz de solucionar os problemas das persoas, e que lonxe de garantir unha vida digna para todas, afonda na exclusión e no empobrecemento”, subliñan e defenden desde a Oficina de Dereitos Sociais.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...