InicioPolíticaEn Marea defende que a xestión dos orzamentos de Caballero "non difire...

En Marea defende que a xestión dos orzamentos de Caballero “non difire dos mandatos do PP”

Desde En Marea tamén criticaron "a nefasta xestión do Auditorio Mar de Vigo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo emitiu un voto en contra na Comisión Informativa de Facenda que tivo lugar este mércores, na que o goberno local de Abel Caballero levou a aprobación do uso do superávit municipal.

Para a Marea de Vigo, “o que está facendo o goberno local do PSOE sobre o uso do superávit é un continuísmo do que se fixo nos pasados anos, e non difire en absoluto dos mandatos do Partido Popular de fai anos sobre en que podía gastar un concello o superávit”, tal e como explicaba Rubén Pérez, na rolda de prensa ofrecida este mércores.

Con respecto ao acontecido no pasado mes de febreiro, cando Abel Caballero como presidente da FEMP, xunto ao ex-ministro Montoro, chegaron a un acordo para o desbloqueo do uso do superávit, o voceiro do grupo municipal afirmou que “todo foron fogos de artificio no referente a nosa cidade. O que se vai facer en Vigo co superávit, é exactamente o mesmo que xa se viña facendo antes do famoso acordo. Como exemplo, as humanizacións, ás que se vai adicar unha grande cantidade de medios económicos, mais primando aspectos que non están relacionados co saneamento e abastecemento, ao que se lle adica a menor parte. Nós consideramos que debería ser o contrario, xa que é precisamente o saneamento e a rede de abastecemento o que precisa de máis inversión”.

Por outra banda, o grupo municipal da Marea de Vigo, fixo unha crítica ao referente ao Auditorio Mar de Vigo. “Imos entregar 4 millóns de euros para pagar as consecuencias da nefasta xestión do auditorio Mar de Vigo, 4 millóns que o goberno local xustifica como ‘Equipamentos culturais e museos’, esta artimaña para nós é una completa manipulación sobre o propio acordo para poder adicar eses cartos, é é unha das razóns polas que votamos en contra” explicaba Rubén Pérez.

Para a Marea de Vigo, tal e como ten afirmado noutras ocasións, o uso do superávit pode e debe adicarse a cuestións como a apertura de escolas infantís, centros de primaria, dotacións culturais ou asistencia social primaria.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...