InicioSucesosDenuncian ao edificio dos xulgados de Vigo por altas temperaturas

Denuncian ao edificio dos xulgados de Vigo por altas temperaturas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O edificio dos xulgados de Vigo foi denunciado por infracción en materia de saúde laboral, ao rexistrarse nel “temperaturas inadecuadas e que incumpren o establecido no real decreto 486/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos centros de traballo”.

Este real decreto establece que “as condicións ambientais dos lugares de traballo non deben constituír unha fonte de incomodidade ou molestia para os traballadores. Para este efecto, deberán evitarse as temperaturas e as humidades extremas, os cambios bruscos de temperatura, as correntes de aire molestas, os cheiros desagradables, a irradiación excesiva e, en particular, a radiación solar a través de fiestras, luces ou tabiques”.

De forma máis concreta, establece que nos lugares de traballo pechados deben cumprirse estas condicións: “A temperatura dos locais onde se realicen traballos sedentarios propios de oficinas ou similares estará comprendida entre 17 e 27ºC”, e “a temperatura dos locais onde se realicen traballos lixeiros estará comprendida entre 14 e 25º C”.

Así mesmo, a directiva europea establece que o empresario “está obrigado a velar para o remedio máis rápido posible das deficiencias que se observen e que poidan afectar á seguridade e a saúde dos traballadores. A temperatura nos locais de traballo deberá ser adecuada ao organismo humano durante o tempo de traballo, tendo en conta os métodos de traballo aplicados e as presións físicas impostas aos traballadores”. E nos xulgados de Vigo esta temperatura, aseguran, está a superar os 29º.

Polo tanto, foi denunciado que “unha avaría no aire acondicionado no edificio dos xulgados de Vigo o pasado xoves aínda sen amañar, fixo que a media mañá deste martes se acadaran temperaturas de máis de 29ºC. Nos edificios xudiciais, non só en Vigo, as deficiencias estruturais ocasionan estrés térmico aos traballadores dificultando e imposibilitando o desenvolvemento do traballo diario”.

A denuncia conclúe sinalando que “está previsto que o aire acondicionado non estea amañado ata a vindeira semana”. Polo tanto solicitan á inspección de traballo e Seguridade Social un requirimento urxente á Dirección Xeral de Xustiza “para que, cumprindo coa lexislación vixente, se adopten as medidas necesarias e eficaces de forma que a temperatura no edificio dos xulgados de Vigo non exceda da establecida como máxima permitida”.

 

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...