InicioSucesosDetido na Gran Vía tras cometer unha infracción de tráfico triplicando a...

Detido na Gran Vía tras cometer unha infracción de tráfico triplicando a tasa de alcoholemia

Dous días antes acontecera un caso moi semellante en Travesía de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na madrugada deste luns, sobre as 04:40 horas, axentes da Policía Local procederon a interceptar ao condutor dun turismo tras unha infracción de tráfico na confluencia das rúas Gran Vía con Venezuela, que conducía ebrio segundo os resultados das análises de alcohol en sangue.

No momento da identificación, os axentes comprobaron que o condutor, de 59 anos de idade, presentaba “claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas“, polo que tras realizarlle a proba de alcoholemia esta arroxou un resultado positivo de 0,91mg/l de de aire espirado na primeira proba e 0,92 miligramos de alcohol por litro de aire espirado na segunda.

O varón foi encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por un presunto delito contra a Seguridade Vial ao superar o limite penal establecido.

un caso semellante dous días antes: infraccións triplicando a tasa

Ademais, sobre as 00:30 horas da madrugada do sábado 16 desta pasada fin de semana, axentes de Policía que se desprazaban en dirección á Travesía de Vigo observaron como a motocicleta que lles precedía ía pasando os semáforos que atopaba ao seu paso na súa fase vermella, polo que os actuantes fixeron indicacións ao seu condutor para que detivese o vehículo á altura de cálea Vía Norte.

Tratábase dunha motocicleta da marca Suzuki VL-800, conducido por un varón de 55 anos
de idade, nado e domiciliado en Vigo. No momento da identificación, os policías comprobaron que presentaba tamén “claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas”.

Tras realizarlle a proba preceptiva de determinación do grado de impregnación alcohólica,
esta arroxou un resultado positivo de 0,80 miligramos de alcohol por litro de aire espirado na primeira proba e 0,77 mg/l de aire espirado na segunda proba; superando con iso o triplo do limite legalmente establecido de 0,25 mg/l de aire espirado.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...