InicioDeportesCentos de persoas percorreron Vigo esta finde por unha boa causa a...

Centos de persoas percorreron Vigo esta finde por unha boa causa a favor de Aspanaex

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 400 persoas participaron este domingo en Vigo na carreira solidaria organizada polo Centro de Estudos Superiores Aloya, co obxectivo de recadar fondos para o proxecto de construción da residencia de Aspanaex no antigo centro de especialidades de Coia.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro socialista, Anxo Rivas, animou aos corredores ao comezo do percorrido na entrada do centro educativo e felicitou aos responsables de ambas entidades pola organización desta iniciativa que fomenta a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual.

Os participantes percorreron cinco quilómetros polas rúas Marqués de Alcedo, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón, García Barbón, Isaac Peral, Arenal, Praza de Compostela, García Olloqui e As Avenidas, para finalizar o seu percorrido na Praza do Nadador, no Náutico de Vigo.

Ao término da proba tivo lugar a entrega de premios aos gañadores das diferentes categorías e realizouse un sorteo de agasallos doados por diferentes entidades colaboradoras.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...