InicioPolíticaMarea esixe "contundencia" a Caballero ante as "cláusulas abusivas" cobradas por Abanca...

Marea esixe “contundencia” a Caballero ante as “cláusulas abusivas” cobradas por Abanca nos últimos días

Demandan ó Concello que cese a colaboración coa entidade bancara se esta non "rectifica o dano" causado a "miles" de veciños.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz de Marea de Vigo-Son En Común, Rubén Pérez, esixiu ao goberno local “contundencia” ante as “cláusulas abusivas” de mantemento de contas de Abanca que afectan a “miles” de residentes na cidade olívica. O grupo municipal esixiu ás autoridades que colaboración coa entidade bancaria se condicione a que a esta “rectifique o dano” causado aos mesmos.

Neste sentido, o portavoz tachou de “abuso intolerable” o cobro de 50 euros de comisións cada seis meses ou de 28 euros por cartóns de débito “mesmo en contas bancarias cuxos ingresos son exclusivamente prestacións”. Por iso, esixen á adminsitración que, ademais de “dar resposta” ó problema, traballen cos sindicatos para expoñer “alternativas” ó fondo de pensións de “varios millóns de euros” do que se dispón na entidade bancaria.

ABANCA “NON PENSA EN CLAVE DE PAÍS”

Ante esta situación, a formación concluíu que esta entidade bancaria “non está a pensar en clave de país e denunciou que trasladase aos seus clientes que, para non soportar “comisións abusivas”, deben “domiciliar unha nómina ligada a un contrato de máis dun ano de duración e a un cartón de crédito” coa que se realice un gasto mínimo. Así, Rubén Pérez afirmou que estas condicións se atopan “lonxe da realidade de miles de vigueses neste momento de incerteza e precariedade laboral“.

O portavoz tamén lamentou que Abanca “deixase de ser unha entidade asentada no territorio con obxectivos non lucrativos en parte da súa actividade”, xa que, segundo lembrou, cando se trataba dunha caixa pública o 17% dos seus beneficios debían destinarse á obra social.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...