InicioSociedadeO servizo de ambulancias, acusado de aproveitarse dos traballadores en prácticas

O servizo de ambulancias, acusado de aproveitarse dos traballadores en prácticas

PUBLICADO O

- Advertisement -

No seu terceiro día de folga, o persoal de ambulancias galego realizou concentracións nos hospitais de referencia, incluído o Hospital Álvaro Cunqueiro, nas que esixiu a patronal a negociación dun novo convenio colectivo.

Entre outras demandas, Xesús Pastoriza, responsable de Transportes do sindicato CIG, vén de denunciar que as empresas están a utilizar os contratos en prácticas “para cubrir os cadros de persoal de maneira barata”.

“Os traballadores/as con estes contratos cobran un 60% do salario durante o primeiro ano e o 75% no segundo, pero traballan o 100% da xornada como calquera dos seus compañeiros e compañeiras. Esta situación haina que controlar”, asevera.

Concentración ambulancias / CIG

Sobre a sobrecarga de traballo, considera que “queda demostrada polo feito de que hai empresas que rexistran até un 13% de baixas anuais do persoal por lesións derivadas do seu traballo, e estamos falando dun sector cun media de idade que non chega aos corenta anos”.

Incluso chegou a asegurar que as empresas non cumpren as medidas básicas de hixiene das ambulancias ou da limpeza da roupa de traballo, polo que xa teñen presentado denuncias.

Pastoriza destacou tamén o amplo seguimento que está a ter a folga, tendo en conta os “abusivos servizos mínimos impostos por Sanidade, que obrigan a acudir a traballar ao 75% do persoal”.

Neste senso, Xesús Pastoriza acusa a Xunta de ser a primeira culpable “porque consentiu en adxudicar contratos a empresas que presentaron ofertas por debaixo de convenio e que agora pretenden trasladar o custe do servizo ao seu persoal”. De non producírense avances, prevén dous días máis de folga para o mes de xullo e folga indefinida a partir de setembro.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...