InicioSociedadeEU acusa ao PP e ao Cunqueiro de organizar campañas de prensa...

EU acusa ao PP e ao Cunqueiro de organizar campañas de prensa e “purgas” de persoal para lavar a imaxe do Hospital

PUBLICADO O

- Advertisement -

     O Grupo Municipal de EU-SON vén de solicitar ao Concello de O Porriño que “exprese o súa solidariedade ao persoal  TCAEs; o apoio ás súas reivindicacións e a defensa da Sanidade Pública; ademais de deixar patente o rexeitamento ás coaccións exercidas pola  Dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro contra estas traballadoras”.

   “O Goberno Autonómico de Feijoo en Galicia, foi o que impulsou a privatización máis profunda e de máis alcance do Estado. A gran posta en escena do modelo de colaboración Público-Privada foi a construción e xestión do hospital de Vigo (Álvaro Cunqueiro) cun sobrecusto do centro, que pasou de 450 a 1750 millóns, asumido polo erario público sen que isto carrease melloras, xa que rebaixaron o número de camas, os quirófanos, ou a superficie de Urxencias e os sevizos de radioloxía”, defenden.

 Ademais, consideran “preocupantes” as “derivacións masivas aos hospitais privados, que sempre son xustificadas como alivio ás crecentes listas de espera, unhas listas que non cesan de incrementarse debido á paulatina redución de persoal sanitario na Sanidade Pública”.

Alvaro Cumqueiro
Pasillos no interior do Cunqueiro/ Miguel Nuñez

“Este binomio público-privado ensaiado polo Partido Popular para o Hospital Álvaro  Cunqueiro foi altamente contestado na área sanitaria de Vigo con manifestacións históricas pola alta participación da cidadanía. Para contrarrestar esta alarma social, a administración autonómica utilizou todos os resortes para vender unha imaxe de normalidade para este macro centro hospitalario, desde campañas de prensa ata  purgas do persoal médico máis contestatario“, engaden.

Pero este “relato de normalidade”, engaden, “non calou de todo entre unha cidadanía moi sensible a calquera noticia que deixase patente a excepcionalidade deste hospital que foi un fervedoiro de mobilizacións desde o seu recente posta en funcionamento e case todas elas para denunciar como a dirección política privilexia aos xestores privados en detrimento de o público”.

O último conflito están a protagonizalo as TCAEs, auxiliares de enfermaría, “que fartas de ser as mulas de carga viron como a súa demanda de incrementar o persoal, foi respondida pola Dirección do hospital cun non, e a continuación co aumento das tarefas diarias asumindo cargas de traballo que claramente correspondían á empresa privada concesionaria da xerencia do hospital”, subliñan.

Auxiliares enfermaría
Auxiliares de enfermaría pechadas no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo / Miguel Núñez

O detonante das mobilizacións foi a orde ás TCAEs de asumir a tarefa de trasladar as bolsas de roupa sucia dos pacientes, “cando as auxiliares de enfermería xa están desbordadas ao ser obrigadas a desempeñar labores tamén impropios como a de camareiras”.

“Por suposto, non faltou a aplicación da consabida receita de apertura masiva de            expedientes disciplinarios nun van intento de desarticular as mobilizacións e do uso das forzas policiais para invisibilizar as protestas retirando pancartas e carteis da fachada do hospital”, conclúen.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...