Unha veintena de barcos pelexan este sábado polo Campionato Galego de Solitarios e A Dous nun percorrido que levará aos aspirantes ao título autonómico por diferentes puntos das Rías Baixas.
Tras escoitar o bocinazo de saída fronte ao Monte Real Club de Yates, no interior da badía de Baiona, os veleros participantes deberán afrontar un trazado dunhas 30 millas de distancia, no que se poñerá a proba o bo facer duns equipos reducidos ao máximo.
Dous das zonas máis emblemáticas da costa galega, as Illas Cíes e Ons, pertencentes ao
Parque Nacional das Illas Atlánticas, serán espectadoras do paso das embarcacións a partir do mediodía, nunha xornada bastante clara, de temperatura agradable e pouca mar, co vento soprando cunha media de 12 nós.
Con estas previsións meteorolóxicas, boas para a navegación, espérase que a regata se desenvolva con axilidade e que os barcos máis rápidos empecen a cruzar a liña de chegada, en Baiona, a partir das seis da tarde.

A competición poderase seguir en directo en ordenadores, móbiles ou tablets grazas a unha aplicación que mostrará a posición exacta dos veleiros en cada momento a través do programa Ronsel.
Entre os participantes, hai tres clubs que destacan polo seu número de representantes. Son o Monte Real Club de Yates, organizador da proba por delegación da Real Federación
Galega de Vela; o Real Club Náutico de Vigo e o Club Marítimo de Bouzas.

Polo Monte Real competirán o Fend a Bise de Jean Claude Sarrade e André Amorin, vixentes campións galegos de solitarios e a dous; o Q Talento Consultores, de Javier Rei e Jorge Xusto, o Abal Avogados de Mariano Deus e Lucas Martínez, e varios monotipos da flota de J80 do club, como o Cansino de Fernándo Yáñez e Ignacio Sánchez Otaegui, o Virazón de Willy Caamaño e Juan Lago, o Lúa Nova de Juan Luís Tuero e Rogelio Torres, o Namasté de Luís de Mira e Javier Torroja, o Marías de Manuel María e Diogo Pontes e o SND Cormorán de Pablo Cabelo e Francisco Javier Martínez.
O Liceo Marítimo de Bouzas estará representado polo Smaku de Alfonso Rodríguez, o Furaventos de Fabián Conde e o ¡Ai Carmela! De Juan Martínez Pazó e Rafael Martínez
Almeida; e polo Real Club Náutico de Vigo correrán o Salaño Dous de Jacobo Veciño e Brenda Maure e o Juliana de Vicente Cid e Javier Míguez.

Desde o Real Club Náutico da Coruña baixarán a competir a Baiona A Galera de Jaime
Alberto García e o Argos de Ricardo Beltrán e Álvaro Sánchez; e do Real Club Náutico de Portosín, José María Peiteou e Ramón Quiroga, no Clínicas Gaiás. E a bordo do Menudeta, do Náutico Punta Lagoa, veremos á parella formada por Victor Carrión e Ana Sardiña, habituais deste tipo de competicións e uns dos aspirantes ao título.
O Campionato Galego de Solitarios e A Dous, que se disputa no marco do Trofeo Inserimos,
finalizará ás nove da noite coa entrega de premios aos ganadores, nun acto ao que se prevé que asista a viuda do histórico presidente do Monte Real, Don Rafael Olmedo
Limeses, ao que se lle dedica a competición.