InicioSociedadeCC.OO acusa ao Goberno español de querer afundir Correos en beneficio das...

CC.OO acusa ao Goberno español de querer afundir Correos en beneficio das empresas privadas internacionais de paquetería

Denuncian dende o sindicato a imposición dun modelo de emprego precario e baseado en miles de "minijobs", con perda de centos de traballadores e reducións millonarias nos orzamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CC.OO anuncia mobilizacións crecentes e apela á necesidade de defender o servizo postal público, “con máis financiamento, un plan de empresa que recolla as liñas estratéxicas e o suficiente persoal para evitar que os actuais problemas de reparto no casco urbano e os distintos municipios agrávense e deixen a miles de cidadáns e cidadás sen servizo postal público“.

Ante o rexeitamento tallante a este recorte financeiro, CC.OO xunto co resto de sindicatos cos que ten o 85% da representación en Correos, anunciou o inicio de mobilizacións que poderían acrecentarse nos próximos meses, “si non se protexe o dereito da cidadanía a un servizo postal público de calidade, dótase á empresa dun Plan de Prestación que o sindicato estima en 230 millóns de euros, rectifícase o gran recorte económico, ponse en marcha o plan de empresa co persoal suficiente e se desbloquea o convenio e acordo coa correspondente reconquista de salario, emprego e dereitos”.

Trala reunión mantida entre a Sección Sindical de CC.OO en Pontevedra, sindicato maioritario en Correos, e Marea de Vigo, será este grupo municipal quen presente proposta de moción e debate para a súa aprobación en apoio ao servizo público de Correos, defensa dos seus postos de traballo e desbloqueo dun Plan Estratéxico no próximo pleno municipal, que terá lugar o mércores 30 de maio.

Correos sufriu un recorte nas partidas públicas destinadas á prestación do servizo postal pública de 120 millóns de euros nos orzamentos de 2017 e unha previsión de 60 millóns de euros nos de 2018, isto é, 180 millóns de euros en dous anos.

“Cifras que poderían deixar á empresa postal pública cun déficit de 122 millóns de euros este ano, uns datos económicos inauditos na historia de Correos aderezados coa ausencia dun plan de empresa desde fai case un ano”, aseguran dende CC.OO.

A tradución para o sindicato é que o Goberno está apostando por “converter a Correos nunha empresa sen financiamento, dependente da carta (en caída) e sen proxecto para entrar na paquetería, un mercado en claro auxe e que o Executivo está deixando en mans das empresas privadas estranxeiras”.

Traballador de correos / Galicia Confidencial

A imposición deste recorte económico reflectiríase na provincia de Pontevedra “nunha perda de persoal fixo de 155 traballadores/as na última década, a redución da contratación e o auxe de miles de minijobs”.

“A cidadanía é a outra gran afectada, ao sufrir unha irregular e deficiente prestación en prácticamente todos os distritos de distribución de Vigo, zonas rurais sen reparto ou con reparto compartido”, engaden.

O sindicato advertiu que si se perpetúa o recorte nas partidas presupuestarias, o custo social podería ser moi elevado, ao deixar moitas poboacións sen servizo postal público e eliminar 335 postos de traballo fixos na provincia de Pontevedra, dos cales ao redor de 80 afectarían á cidade de Vigo.

“Ante a imposición dun modelo de empresa reduccionista e residual, baseado na precariedade das condicións laborais cun convenio e acordo bloqueados desde fai case catro anos, e en privar á cidadanía do servizo postal público que serve de cohesión social, territorial e económica”, CCOO xa anunciou, xunto co resto de sindicatos cos que ten o 85% da representación, o inicio de movilizacións unitarias que poderían acrecentarse nos próximos meses.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...