InicioSociedadeAdxudicadas as obras de peonalización de Porta do Sol por 13,4 millóns...

Adxudicadas as obras de peonalización de Porta do Sol por 13,4 millóns que comezarán en xaneiro

Esta obra, que transformará o centro da cidade, contempla a creación dunha gran praza, zonas verdes, nova iluminació e un túnel de dous carrís para soterrar o tráfico entre Policarpo Sanz e Elduayen.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este xoves a adxudicación, á UTE Civis global-Gevora, as obras de peonalización da Porta do Sol, que comezarán en xaneiro próximo.

Segundo informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, aínda que a licitación publicouse por 17 millóns, finalmente os traballos adxudicáronse por 13,4 millóns de euros, e o prazo de execución será de dous anos.

Esta obra, que transformará o centro da cidade, contempla a creación dunha gran praza de 8.000 metros cadrados, zonas verdes, nova iluminación, un escenario, unha réplica das Illas Cíes, e un túnel de dous carrís para soterrar o tráfico entre Policarpo Sanz e Elduayen.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...