InicioCultura"Cen euros bastan" para ampliar o muro da sensibilidade

“Cen euros bastan” para ampliar o muro da sensibilidade

Con que catro empresas aporten esa cantidade quedarán cubertos os gastos da ampliación do "Muro dxs Poetas", un proxecto coordinado pola artista Sherni Kaur.

PUBLICADO O

En outubro de 2017, dentro das actividades da sétima edición do Festival Kerouac de Poesía e Performance, inaugurouse en Vigo a primeira fase do “Muro dxs poetas”, que se ampliou en 2018 e espera continuar medrando cada outono. Neste 2019 o proxecto busca financiamento externo que lle permita independencia económica a través dunha campaña chamada “Cen euros bastan”.

A obra é un mural elaborado sobre azulexos cerámicos. Neles están impresos  deseños xeométricos de Vanesa Álvarez -unha das organizadoras do Kerouac- e os textos que enviaron aquelas persoas que desexaron participar na iniciativa, O proxecto está coordinado por Sherni Kaur, educadora fotógrafa e poeta cunha ampla experiencia en técnicas de decoración cerámica (especialmente en fotocerámica dixital). Ela xa participara en proxectos murais con anterioridade antes de embarcarse neste, como o do museo ao aire libre de Almedina (Ciudad Real) e o Memorial, en Caldas de Reis.

A convocatoria para a participación foi libre e aberta a través de redes sociais, onde quen quixo puido enviar un poema breve que se plasmaría sobre os azulexos cerámicos e que hoxe se poden ler no mural levantado do centro da cidade de Vigo. A día de hoxe o “Muro dxs Poetas” é un punto de encontro ante o cal se celebran recitais poéticos e un lugar de visita para propios e alleos na cidade.

Durante este ano, a intención é continuar co proxecto e desvincularse dende un punto de vista económico do Festival Kerouac. Con tal fin, abrirase unha campaña de colaboración para que as empresas de Vigo poidan facer unha achega a cambio de publicidade no muro. Esta levará por título “Cen euros bastan”, xa que con que catro empresas aporten esa cantidade quedarán cubertos os gastos da ampliación.

“O “Muro dxs Poetas” naceu cunha vocación interactiva e de continuar medrando ao longo dos anos e que contribúe a valorizar o espazo onde se atopa, tanto polo seu valor estético como polas súas caracterísiticas físicas, xa que non se degrada co paso do tempo”, explica Kaur.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...