InicioSucesosPiden doce anos de prisión para un home acusado de abusos sexuais...

Piden doce anos de prisión para un home acusado de abusos sexuais á súa filla menor de idade

A Fiscalía demandou a "inhabilitación especial para profesión ou oficio, sexa ou non retribuído que leve contacto regular e directo con menores de idade por tempo superior en cinco anos á pena de prisión que se impoña".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía demandou 12 anos de prisión para un home acusado de abusos sexuais continuados á súa filla, menor de idade, entre 2015 e 2018 no partido xudicial de Tui. Tamén reclamou a prohibición de comunicarse con ela e de achegarse a menos de 200 metros durante o seis anos posteriores ao fin do período de privación de liberdade.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Público, ademais, pediu oito anos de liberdade vixiada para o procesado tras o cumprimento da pena de cárcere. Tamén esixiu a privación da patria potestade sobre a menor, á que se solicita que indemnice con 40.000 euros.

Adicionalmente, a Fiscalía demandou a “inhabilitación especial para profesión ou oficio, sexa ou non retribuído que leve contacto regular e directo con menores de idade por tempo superior en cinco anos á pena de prisión que se impoña”. A vista do caso, que procede do Xulgado de Instrución número 2 de Tui, celebrarase a próxima semana na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

INICIO DOS FEITOS

O Ministerio Fiscal detallou que os feitos se iniciaron no domicilio familiar, situado no partido xudicial de Tui, en agosto de 2015, cando a presunta vítima era menor de idade. Ademais, indícase que se produciron sucesos similares entre 2016 e 2018 na vivenda.

O acusado, que non conta con antecedentes penais, foi detido e trasladado a prisión polos feitos referidos en abril de 2018, en virtude dun auto do Xulgado de Instrución número 3 de Tui en funcións de garda. Posteriormente, o Xulgado de Instrución número 2 da localidade ratificou esta decisión, polo que o procesado permaneceu privado de liberdade desde entón.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...