InicioSociedadeMención Honorífica para o equipo de seguridade do Marisquiño polo seu labor...

Mención Honorífica para o equipo de seguridade do Marisquiño polo seu labor tras o accidente

Este grupo foi o encargado de implantar o Plan de Autoprotección no momento no que tivo lugar o derrube de parte do paseo marítimo vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O equipo de seguridade do Marisquiño recibiu unha Mención Honorífica, entregada con motivo do Día da Seguridade Privada, polo labor realizado tras o accidente ocorrido en 2018 durante a celebración do evento.

En concreto, o acto tivo lugar este xoves na Coruña, onde recoñeceron a empresas e traballadores do sector cuxa actuación sobresaíu durante o último ano, segundo recolleu a organización do festival de cultura urbana nun comunicado.

MK Norte e On Seguridade foron as empresas do evento vigués cuxo traballo se puxo en valor. Así, o diploma foi recollido polo responsable de seguridade do festival, Anxo Dieste, e os empregados Martín Fajín e Rafael Gómez, que agradeceron o recoñecemento público en representación de todo o equipo.

Este grupo foi o encargado de implantar o Plan de Autoprotección no momento no que tivo lugar o derrube de parte do paseo marítimo vigués. Deste xeito, activáronse as chamadas de emerxencia, desaloxouse o recinto e facilitouse a chegada dos corpos de seguridade e emerxencias. Tamén se colaborou na creación de zonas de atención aos feridos e activáronse canles de comunicación.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...