InicioSociedadeEspecialistas de varios países estudan en Vigo as aplicacións da topoloxía

Especialistas de varios países estudan en Vigo as aplicacións da topoloxía

No evento abordaranse os resultados teóricos e as aplicacións para a vida real da rama matemática que estuda as propiedades dos obxectos xeométricos que permanecen inalteradas aínda que os corpos preguen, dilaten, contraian ou deformen.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Especialistas de máis dunha ducia de países reuníronse esta semana nun congreso en Vigo co obxectivo de analizar as aplicacións da topoloxía, unha rama das matemáticas que estuda as propiedades inalterables dos corpos xeométricos.

O encontro, denominado 2019 Interdisciplinary Colloquium in Topology and Its Applications, foi inaugurado este xoves na Escola de Enxeñaría Industrial, e prolongarase ata este sábado, segundo detallou a Universidade de Vigo (UVigo) nun comunicado.

En concreto, no evento abordaranse os resultados teóricos e as aplicacións para a vida real da rama matemática que estuda as propiedades dos obxectos xeométricos que permanecen inalteradas aínda que os corpos se preguen, dilaten, contraian ou deformen.

O profesor da UVigo e membro do comité organizador do evento Ricardo Vidal detallou que a topoloxía e a xeometría estudan os mesmos obxectos, aínda que a primeira das disciplinas non se centra “nas distancias ou ángulos”.

Ademais, asegurou que os relatores que participarán no evento, procedentes de Alemaña, Italia, Xapón, Xeorxia, México e España; son profesionais recoñecidos a nivel internacional. Mikhail Tkachenko, da Universidade Autónoma Metropolitana de México, foi o primeiro en intervir.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...