InicioCulturaA plataforma cidadá "Queremos Galego" convoca a Vigo para a próxima manifestación...

A plataforma cidadá “Queremos Galego” convoca a Vigo para a próxima manifestación do 17 de maio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta mañá a plataforma cidadá Queremos Galego (QG) na comarca de Vigo fixo un
chamamento a toda a poboación a participar “de xeito masivo” na manifestación que a
plataforma cidadá convoca para este 17 de maio.

A marcha partirá as 12h desde a Alameda de Santiago de Compostela baixo o lema “En galego, día a día”. Na comparecencia pública, realizada este luns ás 11h diante do mercado do Calvario, participaron a coordenadora de Queremos Galego en Vigo, Elsa Quintas, e mais o portavoz comarcal, Pepe Carreiro, quen estiveron acompañados por representantes de diferentes organizacións que fan parte de QG.

Elsa Quintas salientou a importancia desta convocatoria que ten por obxectivo expresar que
“queremos vivir nun país onde a lingua propia estea presente en todo e para todo, sen
exclusións, onde a utilización do noso idioma non este sometido á vontade allea”.

denuncian o incumprimento da lei de normalización lingÜística

Neste sentido Quintas defende “un país no que poidamos gozar da cultura, do lecer e da vida, na mellor ferramenta que criamos para o facer: o galego”. Pola súa banda, Pepe Carrreiro, asegurou que “lingua e futuro de Galiza camiñan da man”. “Defender o futuro da nosa lingua é defender o noso futuro como pobo”, explicou.

Con todo, o debuxante amosouse esperanzado. “Temos esperanza, ilusión, vontade, compromiso para mantelo vivo, para superarmos todos os atracos, para podermos vivir en galego, sen límites”.

Baixo esa perspectiva a mobilización do 17 procura tamén exixir á Xunta que cumpra coa súa obriga de promover e normalizar o uso do galego, e denunciar o incumprimento da Lei de normalización lingüística, que vén de cumprir tres décadas da súa aprobación.Desde a comarca de Vigo fletaranse autobuses para desprazarse até Compostela.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...