InicioSociedadeO persoal do Complexo Residencial de Persoas Dependentes denuncia as presións dos...

O persoal do Complexo Residencial de Persoas Dependentes denuncia as presións dos familiares para conseguir “tratos VIP”

Segundo defenden os sindicatos, a conflitividade non deixa de aumentar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal de enfermaría do Complexo Residencial de Persoas Dependentes de Vigo protagonizaron este xoves fronte a devandito edificio unha concentración debido ao que consideran como “feitos de represión laboral”.

Todo isto trala apertura de expediente e proposta de sanción disciplinaria a 4 auxiliares de enfermaría traballadoras deste centro, coa sanción de suspensión de emprego e soldo durante 15 dias e a expulsión das listas de contratación durante 1 ano. Os feitos dos que acusan as traballadoras é o non acompañamento a un residente dende o terceiro andar ao primeiro andar onde encontrase a cónxuxe do mesmo.

“As traballadoras non se negaron a cumprir dita orde, senón a corroborar coa coordinadora do centro a veracidade de dita orde, xa que o acompañamento do residente o facía ata ese momento outro residente, e noutras ocasións os familiares. Mentres se comprobaba a veracidade da orde, un familiar do residente o acompañou ao primeiro andar e polo tanto non houbo ningún feito do que puideran derivar prexuízos graves para o servicio, nin indisciplina ou desobediencia relacionada co seu traballo, que é do que se acusa a ditas traballadoras pola dirección do centro”, sinalan desde os sindicatos.

Máis aló, a central sindical CSIF Galicia engade que “dende fai tempo, estase a padecer neste centro unha conflitividade continuada e en aumento, principalmente no departamento de enfermería, propiciada polos familiares dalgúns residentes que reclaman unha atención individualizada para o seu familiar, trato VIP, para algunhas persoas deste centro. Este tipo de atención é imposible realizala xa que repercutiría no detrimento en atención ao resto dos usuarios e usuarias, debido ao escaso número de persoal existente co número de residentes que hai no centro, que impide levar a cabo este tipo de atención individualizada”.

“Esta conflitividade maniféstase mediante agresións verbais de todo tipo e saídas de ton, ante as cales o persoal de enfermería fixo as oportunas queixas aos seus superiores sen ter resposta algunha, máis ben todo o contrario; a resposta ás súas queixas é a presión e o acoso ás traballadoras e traballadores dirixido dende o equipo directivo do centro”, salientan.

“As ordes contraditorias dos distintos departamentos están a crear unha grave situación de desconcerto no colectivo de persoal sanitario, que deriva nunha atención que non é a máis axeitada as persoas que viven nesta residencia, pola presión a que se ven sometidas as traballadoras do centro. (…) Non pode terse esta residencia con persoal case sempre a mínimos e facendo case imposible asumir as cargas de traballo a base de presión e acoso”, conclúen os sindicatos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...