InicioDeportesToni Nadal ofrece unha Masterclass sobre a constancia en Vigo: "Unha escusa...

Toni Nadal ofrece unha Masterclass sobre a constancia en Vigo: “Unha escusa nunca nos fixo gañar un partido”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Toni Nadal, un dos principais artífices do éxito do tenista Rafael Nadal, falará este mércores en Vigo sobre a súa experiencia como preparador deportivo durante unha charla de motivación e superación dirixida aos alumnos da Fundación Mentor, organizadora do evento, e os seus patróns.

A conferencia, á que só será posible acceder baixo invitación da organización, terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo, ás 12:30 h. Na súa charla, Nadal desvelará as principais claves que lle levaron cara ao éxito facendo especial fincapé en valores como a humildade, o esforzo, ou a perseveranza coa motivación como principal panca de cambio e superación.

O preparador dun dos mellores tenistas da historia deste deporte, asegura sempre que nunca entendeu o seu traballo sen obxectivos. Tamén a esixencia é importante. Nas súas conferencias, conta como conseguiu que Rafael Nadal derivase cara a unha autoexigencia, que el fose responsable. “Nunca unha escusa nos fixo gañar un partido”, asegura. Estas e outras moitas experiencias son as que contará ao público mañá.

 

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...