InicioCulturaMr. Sipp electrificou a sala Rouge co mellor blues

Mr. Sipp electrificou a sala Rouge co mellor blues

Mr. Sipp cativou en Vigo os maiores amantes do blues tradicional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A música, e o arte en xeral, sempre terminan por regresar ás súas orixes. E xa poden aparecer o dubstep, o trap, ou o seguinte que veña, que os estilos primixenios nunca morren. Así, este domingo de marzo pola noite a sala Rouge de Vigo encheuse de verdadeiros fans para desfrutar coa chegada de Mr Sipp e os seus ritmos do demo.

“Mr Sipp é un dos mellores bluesman dos últimos anos, gañador de innumerables premios, Na sua música atoparás Soul, Funk ou R&B, pero sobre todo respeto polo Blues Tradicional, sempre incorporando a rabia e a enerxía do novo Blues máis eléctrico”, subliñan desde River Bucks Asociación Cultural, os encargados deste ciclo que continuará o venres 15 con Tail Dragger.

Concerto de Mr. Sipp en Vigo/ Miguel Núñez

Mr Sipp procede de McComb (Mississippi) e gracias á sua constante dedicación a música, convertiuse nun gran guitarrista, compositor e productor musical. Estivo arropuado pola sua propia banda na que foi unha das grandes noites do “Mais Que Blues” 2019, e unha  data única en Galicia, en exclusiva para a cidade olívica.

Concerto de Mr. Sipp en Vigo/ Miguel Núñez

Desde as 21:00 horas que comezou o show, en todo momento contactou co respectable, cercano e atento, a un palmo dun público maior de idade que era quen de seguirlle o ritmo. Case que fusionado cos seus fans, Mr. Sipp culminou un show sen fisuras e cheo de enerxía polos catro costados.

Aquí un vídeo dun concerto seu de 2017, posto que só con palabras non se pode expresar a técnica, o virtuosismo, a enerxía deste artista ‘de raíz’.

 

Agora será o turno de Mr Tail Dragger, “hisoria viva do Blues, incluso o seu apodo foi posto polo grandioso Howlin Wolf. Pertence a extensa canteira de bluesmen xurdidos en Texas e creceu musicalmente baixo a influencia de bluesmen clásicos como Sonny Boy Williamson ou Boyd Gilmore. O directo de Dragger segue atraindo a públicos de todo o mundo, inmersos nesa mestura de fascinación, historia e realidade”, destacan os organizadores do evento.

Concerto de Mr. Sipp en Vigo/ Miguel Núñez

“É nos seus concertos onde rebrota toda a sua maxia e o seu sentido de humor, nunha continua interacción co público de inicio a fin. Será un dos 3 únicos concertos que dará en España, onde ademáis estará acompañado por Adrían Flores (Brasil) a batería, Nico Fami (Argentina) a guitarra e Adrian Jimenez (Argentina) a armónica, tres músicos que coñecen á perfeción a sua música e que dende hai anos xiran xuntos con Tail Dragger nos seus tours por Sudamérica”, conclúen.

Concerto de Mr. Sipp en Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...