InicioMovementos SociaisEstoupa a polémica na Gran Vía de Vigo: conservamos as árbores ou...

Estoupa a polémica na Gran Vía de Vigo: conservamos as árbores ou creamos ramplas mecánicas?

"O gran privilexiado deste gasto público é un centro comercial privado", Ana García Román, voceira da plataforma Salvemos la Gran Vía de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ana García Román é voceira da plataforma Salvemos la Gran Vía de Vigo. Fai máis de 3 meses comezaron a recoller firmas en Change.org, levan máis de 4.000. Logo tiveron a idea de crear unha plataforma en Facebook. A intención: buscar accións en contra da instalación das ramplas da Gran Vía, que ademais suporía a tala das súas árbores.

Así, Ana deixou en claro que”opoñémonos á tala de árbores, os do bulevar central e das aceras, algunhas teñen xa 70 anos. O Concello alega para xustificar a tala que moitas están enfermos, ocos ou mortos. Pero están brotando, están verdes, pode que teñan algunha enfermidade, pero precisamente por como están coidados. O verde de Vigo está abandonado, a este alcalde gústalle máis o artificial que o natural, poñer un pez-seto que custará miles de euros. Se despois de tantos anos ó cargo o alcalde di que as árbores están estropeadas, será pola súa xestión“.

“ÍMONOS REUNIR TÓDOLOS XOVES ÁS OITO NOS REDEIROS, ATARÉMONOS ÁS ÁRBORES SE É NECESARIO”

E ademais, entraría en xogo a escultura dos redeiros de Ramón Conde, outra damnificada: “tamén a queren levar de alí, ata a “paelleira” ou a entrada da autopista en Isaac Peral. Non son malos lugares, pero a escultura está pensada para a súa ubicación actual, inclinada. Nun sitio sen desnivel…. Ramón nas manifestación do 14 de abril veu con nós, a escultura é da época de Manuel Soto como alcalde. Ramón está indignado, e incluso teme que o traslado poida danar a peza”.

Salvemos el bulevar da Gran Via
Salvemos a Gran Vía / Miguel Núñez

Sobre o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a fundadora deste movemento denuncia que “a todo o que non lle aplauda, o desprestixia. En Localia desprézanos, que somos do PP, cando temos o apoio das asociacións verdes coma Amigos da Terra, a Asociación Ecolóxica Parque de Castrelos, Greenpeace… Somos antipartidistas. Recibimos a todo tipo de persoas sexa cal sexa a súa ideoloxía, e temos o apoio formal do PP e das Mareas”.

Pode resultar curioso que dúas formacións políticas coma estas colaboren deste xeito: “Elena Muñoz Fonteriz (PP) e Rubén Pérez Correa (Marea de Vigo) estiveron con nós este sábado. As mareas e o PP están en litixio co Concello, plantexaron conxuntamente unha moción que foi rexeitada”.

Con respecto á ultima manifestación, Ana recoñece que “quedamos con desgusto pola baixa afluencia de persoas nesta ocasión. O bo tempo xogou na nosa contra”. Pero continúan adiante:”Ímonos reunir tódolos xoves ás 8, cada semana, ao pé dos redeiros. A nosa intención é atarnos ás arbores cando comecen a talar.”

Ana laméntase da situación actual:”O bulevar central é único en Galicia, a perda de patrimonio é enorme. De momento temos que esperar á decisión de Patrimonio, organismo pertencente á Xunta de Galicia. Esperamos que frenen algo isto…”

Protesta en contra da tala de arbores da Gran Via
Dende a estatua dos redeiros de Code na Gran Vía / Miguel Núñez

“Estamos en contra das ramplas, aínda que efectivamente Vigo necesite axudas porque ten moito desnivel. Pero hai outras alternativas para a subida, unha moi lóxica é un autobús de saldo que leve de Urzáiz á Praza de España. O grupo das mareas falou tamén dun tranvía pra subir e baixar. Pero a resposta do alcalde é rirse”, asegura a voceira.

Ana aclara que “a transformación das ramplas está pensada para facerse con fondos europeos, que pagarían o 80% da obra. Só do 20% restante encárgase o Concello… Isto da obra, pero o mantemento? Este alcalde malgasta os nosos fondos, hai cousas máis importantes. E agora aínda temos superávit, pero e se chegan vacas flacas? Outro gasto para quitalas? Atendamos máis ás necesidades sociais… É unha necesidade primaria? O que quere é deixar o seu selo… Mentres, os vigueses/as das zonas periféricas ven ás súas rúas desfeitas”.

“Nas ramplas desa inclinación, superior ao 8%, está prohibido que vaian cadeiras de rodas ou carritos de bebé. Entón, para que se fai? Para axudar a quen? Claramente, ao Corte Inglés. Á porta do Corte Inglés hai un apeadeiro das ramplas. O gran privilexiado deste gasto público é un centro comercial privado. Aos pequenos comercios da Gran Vía os hunde, alonxando aos camiñantes das súas tendas. Se sobes pola rampla, non vas máis que ao Corte Inglés”.

Manifestacion Greenpeace
Greenpace sumouse á manifestación / Miguel Núñez

Sonia González López, voluntaria de Greenpeace Pontevedra, aclara que esta asociación adhírese á manifestación porque “consideramos que non é a mobilidade que queremos para a cidade. É un acto pouco sostible. A enerxía que consumimos en España non é só renovable, tamén está a que chega de centrais térmicas ou nucleares, que logo non sabemos que facer cos residuos…”

A activista aclara que “o gasto enerxético e económico desta iniciativa é altísimo. Do que se trata (en lugar de realizar obras coma esta) é de favorecer ao peatón antes que ao coche, ao estilo doutras cidades coma Pontevedra. Moveuse bastante este asunto polas redes, porque das 128 árbores algunha se transplantará, pero é fácil que moitas non sobrevivan… Vivimos nunha cidade con moita contaminación, dos coches que circulan tódolos días, e as árbores axudan a mitigala, a que non se eleve”.

Manifestacion por un Vigo Verde
Por un Vigo verde, diante do Corte Inglés

Por outra banda, Ana pon en claro que “Vigo non quere perder máis verde, e o progreso non é montar ramplas eléctricas. O alcalde di que vai talar estas árbores, e plantar trescentas e pico. Cantos anos tardan en crecer e filtrar a polución? Está actuando coma Atila, por onde pasa non crece a herba. Por iso temos o apoio de asociacións coma Greenpeace. Mañá din que nos Campos Elíseos de París van por unha rampla para que a xente non se canse de camiñar, e que pasa? Pero nós somos os máis modernos, cargámonos os edificios emblemáticos coma o Rubira, ou os tranvías (época de Portanet), e agora visitas Lisboa ou Oporto e que atractivos son para o turismo. Cada alcalde que vai pasando vai arrincando algo nóso”.

“vigo é puro cementazo”

“Cargarse árbores para facer un pez tropical de cores. Esto é o malo de que un alcalde teña maioría absoluta. E se a tivera pero escoitara a opinión das demais partes…”, lamenta. “E sendo socialista… quédanlle moi lonxe os anos de loita. Nós queremos un Vigo verde, non automático. Coma as escaleiras que van ata o Concello, que pasan boa parte do tempo fóra de servizo. Mentres, medio mundo civilizado está co natural, por recuperar os edificios antigos…”

 

Vigo maniféstase polos árbores da Gran Vía / Miguel Núñez

“Como vai ser verde se a súa maior aspiración é enchernos Vigo de dinosetos? Dende que aparecimos somos un “grupo do PP”. O outro día, como lle quedaría o corpo cando en María Berdiales apareceron carteis colgados das árbores… “Non me tales”, “gústanos vivir aquí”… pregúntase.

“A finais de mes quizais xa comecen a poñer escavadoras”, estima a portavoz, e afirma con rotundidade: “Nós seguiremos dando a vara. Chámanlle obras de humanización, e cárganse as árbores. Nótase quen non paseou nunca a altas temperaturas, e sentiu o frescor, o amparo das árbores, que necesitan décadas para dar sombra. Vigo é puro “cementazo”, todo o que puxo verde, é dentro de macetas”.

“Os vigueses e viguesas están dormidos e non responden. Hai xente remisa ás manifestacións, e xente que o da por perdido e pensan que vai ser coma co barco de Coia”, conclúe.

ÚLTIMAS

Familias e sindicatos manifestaranse para esixir profesores para alumnos ingresados en Saúde Mental no Cunqueiro: “Non nos queda outra”

Familias de Vigo planean unha manifestación para esixir á Xunta de Galicia profesores para alumnos ingresados...

Un accidente múltiple provoca colas quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

Un accidente múltiple, no que ata catro vehículos víronse implicados, provocou na tarde deste...

Un proxecto da UVigo realiza traballos na ‘raia’ para diminuír o risco de grandes incendios

O proxecto Firepoctep+, liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo),...

Convocada unha manifestación por Resposta Feminista polo 25N en Vigo para que “a vergoña cambie de bando”

Resposta Feminista, unha plataforma nada en Vigo coa vocación de convocar mobilizacións unitarias do...