InicioPolíticaAbel Caballero defende a necesidade de posicionarnos "á cabeza da revolución" do...

Abel Caballero defende a necesidade de posicionarnos “á cabeza da revolución” do coche eléctrico

O rexedor vigués compara esta revolución por chegar coa dos smartphone.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e tamén presidente da FEMP, Abel Caballero, vén de defender este mércores a necesidade de incorporar un cambio de cultura para impulsar a implantación do vehículo eléctrico.

“A cultura dos automóbiles eléctricos é unha cultura diferente, non menos eficiente, que unha vez asumida e interiorizada vai levar adiante exactamente igual que levamos a cultura do móbil, tanto en recargas como noutras cuestións. Estamos na época do 4.0 e o 5 G, que nos van a permitir en pouco tempo avances que nin sequera pensamos”, subliña o rexedor vigués.

Así o manifestou no acto de presentación da Guía de Mobilidade Sustentable para Entidades Locais, unha publicación desenvolta pola FEMP e Rede Eléctrica de España (REE) coa colaboración do IDAE para, asegurou “estar á cabeza da revolución, xa en marcha, da mobilidade sustentable, da mobilidade eléctrica”.

Caballero, na reunión da FEMP/ FEMP

A Guía, explicou, contén información útil e de servizo por todo canto implica a transición cara ao uso do vehículo eléctrico. Así o subliñou tamén o Director de Servizos para a Operación de REE, Juan José Prieto, que presentou o texto xunto a Abel Caballero, engadindo que “a entrada dun millón de coches eléctricos supoñería un aforro de 1,1 millóns de toneladas de CO2 anuais, equivalente ao 1.3% de todas as emisións do transporte e, neste desafío, Entidades Locais e cidadáns son claves na descarbonización e na consecución dun futuro sustentable”.

Caballero tamén destacou o relevante papel que tanto para a mobilidade como para a loita contra o cambio climático representou o uso da electricidade. Trátase, segundo subliñou, dun cambio íntegro na maneira de entender o planeta, e engadiu que “xa hai dez anos falábase de levar vehículos eléctricos nas cidades, pero a crise freouno todo”.

Guía de mobilidade eléctrica sustentable

A guía, que foi elaborada en colaboración co Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía ( IDAE), é froito do acordo de colaboración rubricado por REE e a FEMP o pasado mes de decembro para ofrecer asistencia técnica aos concellos, promover o uso do coche eléctrico en todo o territorio e facilitar a instalación de puntos de recarga públicos nas cidades e municipios.

Caballero, na reunión da FEMP/ FEMP

Neste contexto, REE, na súa calidade de operador do sistema eléctrico e transportista de enerxía eléctrica, promove o seu Centro de Control do Vehículo Eléctrico ( CECOVEL) para facilitar información aos concellos para estimular unha xestión intelixente dos puntos de recarga.

O documento presentado estrutúrase en 10 capítulos que proporcionan información práctica e respostas concretas que axuden aos Gobernos Locais na incorporación da mobilidade eléctrica nos seus territorios. Entre outras cuestións, ao longo das súas 32 páxinas debúllanse cuestións como a oferta dispoñible de modelos, as súas vantaxes, axudas existentes para a súa compra, pautas para a instalación de puntos de recarga, custos de recárgaa e a proxección a futuro do modelo de mobilidade e transporte sustentable.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...