InicioEconomíaA Zona Franca estuda as posibilidades de negocio das empresas galegas no...

A Zona Franca estuda as posibilidades de negocio das empresas galegas no mercado árabe

Comeza unha serie de xornadas centradas na internacionalización das empresas galegas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cunha xornada sobre as oportunidades de negocio que presentan os mercados de Oriente Medio, este día 13 inauguráronse os encontros denominados “Os mércores en Zona Franca” unhas sesións enmarcadas dentro do programa de Internacionalización que o CZFV deseñou pensando nas necesidades das micro, pequenas e medianas empresas galegas. O programa que arrincou hoxe, e que durará ata o final do primeiro semestre do ano 2020, celebrará un total de 53 xornadas centradas nos temas máis relevantes dos procesos de internacionalización.

Como explicou Regades, desde hoxe, todas as semanas a Zona Franca organizará os mércores unha xornada en horario de mañá (salvo os meses de xullo e agosto e as vacacións de nadal) aberta ás pemes que desexen ampliar os seus coñecementos e habilidades sobre o acceso distintos mercados exteriores.

Durante as diferentes sesións, os mércores iranse desenvolvendo xornadas, talleres e titorías que teñen como fin o fortalecemento empresarial para encarar con éxito as distintas fases dos procesos de internacionalización organizados en tres bloques temáticos: un bloque enfocado a traballar cada unha das fases das que se compón o proceso de internacionalización; outro bloque no que levarán a cabo xornadas informativas sobre mercados identificados como potenciais para o tecido empresarial galego e, un terceiro bloque dirixido a desenvolver un programa específico sobre como sacar partido as TIC’ s para ter éxito nos procesos de internacionalización.

Ademais, identificáronse dous sectores concretos como son o do viño e o da cultura galegos que, dada a súa relevancia para a economía galega, serán obxecto doutras accións específicas. O programa para o sector do viño terá como colofón a organización dunha misión inversa nas instalacións do CZFV á que acudirán importadores internacionais detectados como potenciais clientes das adegas participantes.

Esta mañá, o especialista en comercio internacional, Álvaro Espello, foi o encargado de debullar as oportunidades dos mercados de Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos ( EAU) e Irán, para o que se apoiou no testemuño directo e na experiencia nestes mercados das empresas “ Maredonum agasallos do mar” e “Mecanizados Rodríguez Fernández, S. L.”. A xornada xerou un gran interese, cunha asistencia total de máis de 37 empresas de distintos sectores e tipoloxía. A próxima xornada celebrarase tamén nas instalacións do CZFV en Bouzas o 27 de febreiro e terá como obxecto os mercados de República Dominicana e Porto Rico.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...