InicioMedio Ambiente e PatrimonioA expedición de Chus Lago chega ao lago Baikal, a xigantesca 'perla...

A expedición de Chus Lago chega ao lago Baikal, a xigantesca ‘perla de Asia’

O obxectivo, denunciar os perigos do cambio climático.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As alpinistas Chus Lago, Verónica Romero e Rocío García están a atravesar o lago Baikal, a maior reserva de auga doce do planeta, para alertar sobre os efectos do cambio climático. A expedición enmárcase dentro do programa Compromiso con la terra, ideado por Chus Lago. Un reto deportivo para concienciar sobre o desxeo das rexións polares.

A expedición formada polas tres mulleres percorre desde fai once días o lago Baikal. Trátase do lago máis antigo do planeta e tamén o maior depósito de auga doce que posuímos. A chamada “perla de Asia” é unha xigantesca masa de auga situada no centro de Siberia que se estende 31.494 km2 de norte a sur.

É, ademais, fogar dun centenar de especies endémicas e está recoñecido como Patrimonio da humanidade pola UNESCO. Chus Lago e o seu equipo están a atravesar o Baikal de sur a norte, nunha travesía que persegue un dobre obxectivo: cumprir un reto deportivo e ser unha chamada de atención sobre os efectos que o cambio climático ten para os ecosistemas das rexións polares.

Chus Lago no Baikal/ Compromiso con la tierra

Nos últimos 100 anos, o Baikal experimentou un aumento de temperatura de 1,2º que provoca que agora se conxele durante 18 días menos ao ano. As deportistas están a experimentar na súa aventura un grosor do permafrost (a capa xeada que cobre a superficie do lago de febreiro a abril) menor ao esperado, que as obriga a avanzar con extrema cautela e arrimarse á beira para facer noite.

Nas breves comunicacións que se puideron establecer coas deportistas, sinalaron que o xeo ao moverse fai uns ruídos ensordecedores que non cesan nin de día nin de noite e atopáronse con fracturas de ata 4 metros de ancho.

A travesía percorrerá un total de 700 km, repartidos en aproximadamente 30 días, durante os que as deportistas non realizan paradas de avituallamiento e dormen acampadas sobre o propio lago xeado, soportando temperaturas inferiores a -30º e cargando con todo o necesario para sobrevivir durante un mes nunha contorna tan hostil.

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a recuperación do Teatro Cine Fraga de Vigo como espazo cultural de referencia

O grupo parlamentario do PPdeG reivindicou este mércores a recuperación do Teatro Cine Fraga...

Caballero responsabiliza á Xunta polo mal estado das válvulas da presa de Eiras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou que a responsabilidade do mantemento e substitución...

O plan de control sobre o caudal dos ríos pon o foco en Vigo, Redondela, Gondomar e Cee tras as últimas choivas

A Xunta mantén activo o Plan de control sobre o caudal dos ríos con...

Vigo acende as luces do “Nadal máis importante do mundo” este sábado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que este sábado, día 15 de novembro,...