InicioEconomíaVigo acolle unha clase maxistral sobre como transformar as empresas cun consultor...

Vigo acolle unha clase maxistral sobre como transformar as empresas cun consultor SAP

O éxito das consultas SAP é tal que máis de 70.000 empresas implantaron este tipo de solucións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

IESIDE presenta a masterclass «Consultor SAP: actor crave na transformación das organizacións» no seu Campus de Vigo (avda. de Madrid, 60) da man de Diego Costa Pujales, manager en Minsait. Será o vindeiro luns 11 de febreiro, ás 18.00 h. A entrada é libre e gratuíta, previa inscrición.

Lograr empresas rendibles depende de procesos que sexan eficientes e de contar con información estratéxica que permita tomar as mellores decisións de negocio para optimizar os recursos. Para iso, dispoñer dun ERP que achegue información veraz das diferentes áreas pode ser clave para o éxito.

SAP é un software que permite ás empresas executar e optimizar aspectos como os sistemas de vendas, finanzas, operacións bancarias, compras, fabricación, inventarios, relación cos clientes ou xestión de recursos humanos, entre outros moitos. O seu éxito é tal que máis de 70.000 empresas implantaron este tipo de solucións, o 90 % das principais multinacionais e máis de 1700 organizacións en España utilizan este software de xestión.

Diego Costas Pujales é licenciado en Economía e máster en Finanzas pola Universidade de Vigo, máster in Business Administration (MBA) por IESIDE e certificado en SAP. Foi director financeiro durante máis de cinco anos en empresas líder no seu sector. Foi xefe de proxecto, coordinando equipos de consultores de diferentes solucións SAP, consultor SAP sénior en solucións financeiras e xerente da liña ERP de Tecnocom. Traballou máis de tres anos en Latinoamérica abrindo a liña de negocio SAP en Perú para Tecnocom. Actualmente, é manager en Minsait.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...