InicioMedio Ambiente e PatrimonioO veredicto da Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo: "Toda Galicia...

O veredicto da Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo: “Toda Galicia ten un problema coas augas fecais”

"Para que a depuradora funcione ben hai que separar a auga de choiva das augas fecais, algo que non se fai en Galicia, onde é un problema xeral, non se salva ninguén", lamenta Serxio Regueira, presidente da asociación.

PUBLICADO O

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo-Cíes vén de celebrar unha xuntanza con Greenpeace, polo que Xornal de Vigo falou co seu presidente, Serxio Regueira Gómez, sobre a situación da nosa ría.

“O noso obxectivo como plataforma pola defensa da ría de Vigo é acadar un saneamento integral da mesma, e seguindo co noso traballo de demandar das autoridades competentes que se realicen as obras de construción das canalizacións separativas de augas da chuvia das residuais urbanas, co obxectivo de acadar a excelencia na calidade das augas, seguindo as directrices da Directiva Marco da Auga da comunidade europea, para que os productos extractivos teñan a máxima cualificación no mercado, para que o baño estea exento de riscos de contraer enfermedades por contaminación, por todo iso temos contactado coa organización ecoloxista Greenpeace”, destacara a asociación nun comunicado.

“Seguen a verterse moitos residuos sen depurar, algo que as distintas administracións non queren recoñecer“, lamenta Regueira: “Ademais das verteduras dalgunhas empresas, hai un problema nas redes dos fogares de Vigo e os concellos da contorna, ao non ter redes separativas pluviais. As verteduras non son continuas, pero se dan. E este problema existiou sempre”.

Como subliñara a pasada semana en rolda de prensa a asociación, “nos anos 90 cada río, regato e recuncho do bordo litoral da ría, era un foco de vertidos contaminados. Non existían depuración e só nos centros urbanos había colectores de fecais, aínda que unitarios, exactamente como na actualidade. Isto continuou no tempo, contaminando bancos marisqueiros, zonas de pesca e mesmo areais, diminuíndo os recursos marinos e os postos de traballo”.

“Con moitos anos de atraso construise a nova EDAR (estación depuradora) do Lagares, e aínda que non se solucionaron os problemas de vertidos sen depurar, as autoridades españolas pretendían que se pechase o expediente, con ameaza de sanción, aberto por Bruselas. A este respecto, comunicamos e denunciamos, novamente, que a día de hoxe séguese incumprindo as determinacións da D.M.A. pois se seguen vertendo á ría de Vigo augas residuais sen a preceptiva depuración, tal como se demostra nas diferentes denuncias efectuadas ante os entes locais e que se reflicten en diferentes medios de comunicación e datas. Isto é consecuencia de neglixencias inaceptables ou fallos puntuais, agravadas pola falta de colectores separativos das aguas da chuvia e das fecais, o que fai imposible que as EDAR poidan efectuar a súa función adecuadamente para cumprir coa D.M.A Europea”, sinalaba.

Mar de Vigo/ Miguel Núñez

“Un exemplo é que o caudal medio de entrada a nova EDAR de Vigo é de 2,6 M3/s, este caudal multiplicase por 20 o 30 os días de chuvia, o que supón un caudal total de 50-60 m³/s, superando en moito a capacidade máxima de entrada á nova EDAR que é de 12 m³/s, pero ainda ten outro problema angadido como é a evacución das augas tratadas ao mar a través do emisario que ten unha capacidade de 8 m³/s. Isto supón que aínda que a EDAR puidese depurar o máximo de 12m³/s, non sería posible evacuar os 12 m3/s”; aclara.

“Tamén trasladamos que en todo el borde litoral de la Ría de Vigo se están vertendo augas contaminadas de aglomeracións como as de Cangas con máis de 25. 000 habitantes, Baiona con máis de 12.000 habitantes, Moaña máis de 19.000 habitantes, Redondela máis de 28.000 habitantes, Sotomaior, de máis de 7.000 habitantes ou Nigrán, con máis de 17.000 habitantes”, denunciaron xa en rolda de prensa.

Serxio Regueira Gómez (der) con membros de Greenpeace/ Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo

“Para que a depuradora funcione ben hai que separar a auga de choiva das augas fecais, algo que non se fai en Galicia, onde é un problema xeral, non se salva ninguén. O problema é que os concellos, que teñen a competencia, non posúen suficientes cartos para efectuar as obras necesarias e efectuar un saneamento integral, e ademais os políticos sinten que é enterrar os cartos debaixo da terra, e non se ve. Ademais, como os concellos teñen a competencia pero non capacidade económica, a Xunta, o Estado ou ata a Comunidade Europea debería colaborar”, lamenta.

“Xa case todos os concellos, nas obras de reparación das rúas, están metendo tuberías dobres que separan augas fecais e de chuvia, pero logo estas dúas augas se xuntan de novo nos colectores, á marxe da ría, e non solucionamos o problema”, acrecenta.

Pese a todo, Regueira non é negativo: “Non é que a ría estea peor, hai 20 anos non había ningunha depuradora practicamente en toda a ría e os refugallos vertíanse dende cada esquina, algo foise mellorando, se había 300 puntos de vertido agora hai só 30, iso sí, máis concentrados”.

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...

Un milleiro de bailaríns, inscritos xa na XII edición de Vigo Porté, que traerá danza e música ás rúas da cidade a finais de...

Un milleiro de bailaríns inscribíronse xa na XII edición de Vigo Portei, desde que...

Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia

"Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma "Vigo verde -Salvemos a Barrorca" organiza...