InicioMedio Ambiente e PatrimonioAvanza o proxecto de ampliación da senda do Lagares, con plantación de...

Avanza o proxecto de ampliación da senda do Lagares, con plantación de frondosas e “mínimo impacto lumínico”

Só resta agardar pola resposta de Patrimonio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo dará luz verde o próximo xoves ao proxecto de expropiación para a execución da ampliación da senda fluvial do río Lagares. O tramo é o que vai da rúa Manuel Álvarez á Avenida de Madrid, e o obxectivo é darlle continuidade ás sendas que na actualidade xa acompañan o curso do río Lagares.

Segundo detallou Caballero, a expropiación afecta a 96 parcelas na zona colindante ao río e orzamento total do proxecto elévase case a 800.000 euros. Son 3.621 metros lineais e o proxecto se executará en sete tramos.

Tal e como explicou Caballero, a iniciativa inclúe estudo medioambiental, que prevé a plantación de 140 árbores de gran porte (carballos e freixos) e a recuperación da biodiversidade das marxes e espazos fluviais coa plantación de preto de 700 arbustos e pequenas árbores.

“Deste xeito, remataremos todo o paseo na zona transitable”, dixo, ao tempo que avanzou a instalación de luces que se acendan co paso da xente, minimizando ao máximo o risco de contaminación lumínica.

O Concello conta xa coa autorización de Augas de Galicia pero segue sen recibir resposta da Dirección Xeral de Patrimonio, a pesar de ter solicitado o informe o 17 de setembro de 2017 e reiterar a petición o 7 de agosto de 2018. O goberno local segue co proxecto dado que, pasados seis meses, o silencio administrativo é positivo.

Respecto do procedemento administrativo, unha vez aprobado o proxecto expropiatorio, abriremos o trámite de de exposición pública por un prazo dun mes para que todas as persoas interesadas poidan presentar alegacións.

A continuación, notificaranse as taxacións de xeito individual a aquelas persoas que figuren como titulares dos bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das follas de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que formulen as alegacións que estimen nun prazo dun mes desde a notificación.

ÚLTIMAS

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...