InicioSociedadeVídeo: Miles de persoas advirten á Xunta de que "coa saúde non...

Vídeo: Miles de persoas advirten á Xunta de que “coa saúde non se xoga”

As rúas de Vigo enchéronse de novo nunha manifestación moi similar á do pasado decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Xerencia, dimisión”, “Feijóo, escoita, os PACs (Puntos de Atención Continuada, é dicir, o servizo de urxencias extrahospitalarias) están en loita”, ou “coa saúde non se xoga” foron algúns do lemas que se escoitaron durante unha nova manifestación en defensa da sanidade pública, celebrada este xoves desde as oito da tarde polas rúas viguesas.

Miles de persoas, de Vigo, Cangas, Mondariz e outros concellos da contorna, tiveron de novo no centro da súa diana a Félix Ruibal, xerente da EOXI, e Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

Os conflitos estalan un tras outro na área sanitaria do sur da provincia: o Cunqueiro, as bolsas da roupa sucia, os PAC, os xefes de servizo… Acumúlanse os problemas e faltan solucións.

 

ÚLTIMAS

Navia terá os primeiros 84 novos pisos públicos a comezos de 2027

A Xunta de Galicia prevé ter rematadas as primeiras 84 vivendas da nova Navia...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...