Abre o prazo de presentación de candidaturas para os premios ao deporte feminino en Galicia 2017

Os premios serán entregados en Vigo nunha gala organizada pola Deputación Provincial.

Formulario de Inscripción

A Asociación Mulleres Deportistas Galegas (Mudega) convoca os VI Premios ao Deporte Feminino de Galicia e abre o prazo para a presentación de candidaturas para ás mellores
deportistas, técnicas, entidades, árbitras, equipos e clubs do pasado ano 2017.

Os devanditos premios serán entregados no transcurso dunha gala, que se celebrará en Vigo a finais do mes de xuño, organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra. Con este acto preténdese lograr a visibilidade do deporte feminino: lograr que os éxitos do deporte feminino teñan o mesmo recoñecemento que os éxitos masculinos.

O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende hoxe 30 de abril ata o próximo 21 de maio e poden ser presentadas por federacións, concellos ou outras institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular.

Posteriormente estas propostas, que deben ser enviadas ao correo mudega-presidenta@hotmail.com cunha xustificación da candidatura, serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.

Os trece premios convocados por Mudega, correspondentes ao ano 2017,
son os seguintes: Mellor deportista feminina, Mellor deportista feminina con discapacidade, Mellor deportista feminina promesa, Mellor adestrador/a do deporte feminino, Mellor equipo feminino, Premio á traxectoria, Mellor árbitra ou xuíza, Mellor directiva/o (máis comprometida/o co desenvolvemento do deporte feminino), Mellor club, Medio de comunicación/xornalista amigo do deporte feminino, Institución pública amiga do deporte feminino, Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino, e Mellor iniciativa a prol do deporte feminino.

O xurado terá a posibilidade de propoñer candidatos ou premios. Ademais, poderán deixar baleiro algún, no caso de consideren que as candidaturas presentadas non reúnan os requisitos solicitados.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here