InicioVigo e contornaVigoAbolir a prostitución en Vigo: o Concello aproba o inicio da consulta...

Abolir a prostitución en Vigo: o Concello aproba o inicio da consulta previa para unha futura ordenanza abolicionista

A ordenanza responderá a un modelo abolicionista que actuará contra quen se lucra coa explotación sexual e contra a demanda que a sostén

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno de Vigo aprobou este venres o inicio da consulta pública previa para a elaboración dunha futura ordenanza abolicionista da prostitución.

Segundo informou a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, a normativa pretende situar a Vigo entre as cidades que asumen “con claridade” que a prostitución e a explotación sexual constitúen “unha das formas máis graves de violencia e desigualdade contra as mulleres”.

Desta maneira, trátase de “o paso definitivo” para que Vigo “siga sendo unha cidade comprometida coa igualdade, a dignidade e os dereitos humanos”.

Segundo indicou, a ordenanza responderá a un modelo abolicionista que actuará contra quen se lucra coa explotación sexual e contra a demanda que a sostén. Ademais, combinará a persecución da explotación coa protección e o acompañamento das mulleres vítimas.

Para Silva, esta iniciativa é unha mostra de que Vigo quere seguir avanzando como “unha cidade máis xusta, máis igualitaria e libre de toda forma de explotación das mulleres”, augurando que a futura ordenanza será “unha das máis avanzadas do Estado” nesta materia.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...