InicioCulturaOs nenos vigueses son sorprendidos pola lenda de Guns and Roses, Metallica...

Os nenos vigueses son sorprendidos pola lenda de Guns and Roses, Metallica e Led Zeppelin no Mar de Vigo

"Rock en familia" impulsa eventos rockeiros en familia por todo o Estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Black Horsemen, Nice Boys e Heartbreakers. Son os nomes das tres bandas tributo que este venres achegaron aos máis pequenos da casa o estilo propio de Metallica, Guns and Roses e Led Zepellin respectivamente, nun evento de ‘Rock en familia’, que se está a desenvolver por toda a xeografía española.

Metallica son coñecidos por álbumes como ‘And Justice for All’, ‘Master of Puppets’ ou ‘Metallica’. Concretamente, o seu ‘Master os Puppets’, con cancións tan míticas como a que da nome ao disco, está considerado como un dos mellores (ou directamente o mellor) discos de trash metal da historia da música. 

Rock en familia/ Miguel Núñez

E que dicir dos Guns and Roses, que deixaron un dos discos debut máis vendidos de sempre, o seu ‘Apetite for Destruction’, vendendo só en EE.UU quince millóns de copias. As cancións pagaban a pena: Welcome to the jungle, Paradise City, Sweet Child O`Mine…

Rock en familia/ Miguel Núñez

Sen esquecernos de Led Zeppelin, con aqueles discos homónimos épicos, o seu ‘Physical Graffiti’, Starway to Heaven como un dos temas máis celebrados da historia do rock, con aquel interminable solo de guitarra…

Rock en familia/ Miguel Núñez

En conclusión, os nenos e nenas da cidade comezaron esta fin de semana achegándose ao metal e o hard rock como nunca antes, nas instalacións do Auditorio Mar de Vigo.

Rock en familia/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...