Da man do noso fotoxornalista Miguel Núñez, Xornal de Vigo despide o ano cunha selección de fotografías da máis famosa praia viguesa, Samil. Na imaxe de portada, o azul do mar e o do ceo dividen por partes iguais o horizonte, e en primeiro plano unha muller africana coida dun bebé. Nesta segunda, unha brétema profunda cubre o lugar mentres cae a noite e un ciclista cruza paseniño o litoral.
Aquí, un canciño parece querer escapar dunha posta de sol, coma se do apocalipse se tratara. E se non regresa?
Pois si que regresou a claridade, cunha curiosa imaxe que semella atemporal, ou doutro mundo. Unha muller pasea polo aparcadoiro de Samil coas Cíes ao fondo.
E, por último, dous bañistas observan ao fotógrafo coma un extraterrestre.