InicioMedio Ambiente e PatrimonioVídeo: Un "Papá Noel" que denuncia a insuficiencia de prazas do albergue...

Vídeo: Un “Papá Noel” que denuncia a insuficiencia de prazas do albergue municipal de Vigo

Este 'Santa Claus' alternativo acusa ao Concello de 'cambiar o discurso' con respecto á xente que durme na rúa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta fin de semana, Juan Carollo e a Acampada contra a pobreza prepararon fronte ao Concello de Vigo unha escena reivindicativa, ao chegar o Nadal tras 22 meses acampados na Praza do Rei. Así, Carollo deitouse na praza rodeado dalgúns alimentos e xoguetes, que foron requisados.

Carollo acusa ao Concello de ‘cambiar o discurso’: “Antes Font, Isaura e el (o alcalde) dicían sempre que non quedaba ningúen fóra no albergue, ou que quedaban dúas prazas libres. Este é o rexistro desta noite. Quedáronse 4 persoas fóra”, alegaba o 21 de decembro.

“A día de hoxe máis de 1.400 usuarios quedaron fóra desde o 21 de febreiro deste ano (pode contar varias veces cada persoa)”, denuncia Juan.

“Aquí teñen unha foto dunha desas noites. Cambiou o seu discurso porque ao día seguinte de dicir en televisión que collen todos no albergue gravamos ao garda de seguridade e como el botounos con toda educación e cumprindo as normas, a nós e varias persoas que quedaron fóra, por non haber sitio”, asegura.

“Estos son os almentos que dan a unha persoa para comer durante un mes nunha das asociacións, que non temos nada contra elas, pero para saber o que hai. Unha caixa de barriñas conxeladas de Pescanova, unha botella de aceite, un bote de garvanzos, un de melocotón, un de arroz, un de pasta, tres latitas de bonito, unha lata de tomate, tres caixas de leite e un pollo lle deron, para pasar un mes”, enumera: “A ver se unha persoa come con isto nun mes”.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...