InicioPolíticaFeijóo reivindica a súa xestión da sanidade galega: "Todos están orgullosos do...

Feijóo reivindica a súa xestión da sanidade galega: “Todos están orgullosos do Cunqueiro”

O presidente da Xunta sae ao paso das críticas tras estalar a folga dos PAC e a dimisión dos xefes de servizo da atención primaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apoiou este xoves ao seu conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a súa sanidade pública fronte a quen pide a súa dimisión, á vez que eloxiou o coñecemento que o responsable da carteira sanitaria autonómica e exalcalde de Baiona (Pontevedra) ten desta área de xestión.

“Se hai alguén adecuado porque coñece a xestión (sanitaria) é, sen dúbida, o actual conselleiro de Sanidade. Non teño ningunha dúbida”, proclamou, tras ser preguntado, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, acerca de se debería dimitir.

E é que, nun contexto marcado polas protestas de distintos colectivos sanitarios na comunidade e pola dimisión en bloque de xefes de servizo de Atención Primaria en Vigo, todos os grupos da oposición –En Marea, PSdeG e BNG– pediron o seu cesamento na pasada xornada. Con todo, Feijóo defendeu a Almuiña e reivindicou a súa xestión.

A modo de exemplo, lembrou que, desde que asumiu Sanidade, logrou “cambiar a percepción” que había en relación ao Hospital Álvaro Cunqueiro e acougar a “enorme tensión” que se daba na área de Vigo, que situou como obxecto dunha campaña de “desprestixio”. De feito, sacou peito por este hospital e dixo que, agora, “todos están orgullosos en Vigo” con este centro sanitario grazas ao “empeño” do conselleiro.

Tamén criticou a comisión “alternativa” que os seus rivais políticos pretenden impulsar fronte ao órgano de investigación sobre “recortes” sanitarios activado na Cámara. “En política, ultimamente, podemos ver e escoitar de todo”, indicou. “Foron eles os que propuxeron a comisión, logo non veñen, seguena por Tuiter e agora van por libre”, especificou. E, neste punto, atacou duramente a En Marea, PSdeG e BNG por, dixo, utilizar a sanidade para “tensionar”.

“Son continuas e constantes as súas críticas sobre a sanidade durante esta lexislatura”, mantivo e lembrou que antes de estar concluído o Hospital de Vigo “xa dicían que ía ser privado”. “Alá eles se queren seguir por aí”, suliñou.

Tras ser preguntado que non só os partidos políticos critican a súa xestión, senón tamén entidades e asociaicóns, Feijóo suliñou que seguirá dando resposta na Cámara dos problemas que poida haber. En todo caso, volveu responsabilizar ao goberno de Pedro Sánchez, que leva menos de medio ano no poder, de ser o responsable dos problemas na Atención Primaria.

Así, lembrou que había unha comisión creada para avaliar estes problemas co goberno de Feijóo que, agora, co novo Executivo de Pedro Sánchez, “quedou sen efecto”. “E vemos isto con preocupación”, concluíu.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...