InicioPolíticaVigo estrena novo PXOM tras unha década de incerteza urbanística

Vigo estrena novo PXOM tras unha década de incerteza urbanística

O plan contempla máis de 51.000 vivendas, 14.000 delas protexidas, así como novos viarios, zonas verdes e equipamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo entrou en vigor este mércores, case dez anos despois da anulación do documento de 2008 polo Tribunal Supremo. O texto foi aprobado definitivamente en maio co apoio do PSOE, a abstención do PP e o voto en contra do BNG. O alcalde, Abel Caballero, destacou que xa se están a tramitar chans residenciais que permitirán a construción de arredor de 5.000 vivendas, das que 4.000 serán de protección, cun primeiro ámbito avanzado en Santa Cristina.

Caballero criticou a falta de implicación da Xunta na promoción de vivenda pública e lembrou que agora “xa non ten escusa”, posto que tanto o Concello como o Ministerio de Vivenda impulsarán novos desenvolvementos. Ademais, o PXOM regula o establecemento de vivendas turísticas, deseña novas zonas verdes, contempla o corredor do río Lagares e prevé importantes investimentos en viarios e comunicacións, cun orzamento municipal de 189 millóns de euros, sen achega autonómica. O documento tamén recolle proxectos como a ampliación do Ifevi, a recuperación da Panificadora e novos espazos deportivos.

A entrada en vigor do plan pon fin a un período de incerteza urbanística iniciado en 2015, cando o Supremo anulou o PXOM de 2008 por carecer de avaliación ambiental estratéxica. Desde entón, Vigo funcionou co documento de 1993, recorrendo a fórmulas legais para desbloquear proxectos clave. Tras descartar a opción de recuperar o plan anulado, en 2018 encargouse a redacción dun novo texto, aprobado provisionalmente en 2021 e agora xa definitivo. O PXOM contempla máis de 51.000 vivendas novas —14.000 delas protexidas—, así como novos equipamentos, zonas deportivas e espazos verdes que marcarán o urbanismo vigués nas próximas décadas.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...