InicioSociedadeA solución da UVigo para desviar asteroides ou apagar lumes: os nanosatélites

A solución da UVigo para desviar asteroides ou apagar lumes: os nanosatélites

Chega a 'democratización' do espazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo vén de celebrar o primeiro congreso de New Space de toda España. A Universidade viguesa posiciónase como un núcleo revolucionario e transgresor das telecomunicacións, como reflectiron estes días os telexornais de TVE

“A redución dos custes de producción revolucionou o sector aeroespacial nos últimos anos. Os nanosatélites (os que pesan menos de 10 quilos) ofrecen servizos como vixilancia, observación terrestre, xeolocalización e comunicacións en alta mar”, subliñan.

A Universidade de Vigo é pioneira no lanzamento destes nanosatélites e vén de reunir a representantes de empresas e grandes corporacións aeroespaciais para falar do negocio fóra da terra.

Todo comezou co Xatcobeo, o primeiro satélite español lanzado en 2012 pola UVigo. Nestes 6 anos enviaron ao espazo 3 satélites para mellorar as comunicacións en misións humanitarias, monitorizar a conca do Amazonas e estudar desvíos de asteroides.

No prazo dun ano lanzarán outros 4, como o LUME-1, xa integrado no lanzador que o porá en órbita o 25 de decembro. O seu obxectivo é mellorar a detección de incendios.

 

“Por exemplo nun parque natural, cando o sensor detecta un lume, a través do satélite comunica coa estación base, envíase un dron para caracterizar o lume, toda a información se envía á estación e decídese a mellor manera de loitar contra o incendio”, explica Guillermo Lamelas, de Alén Space.

Ata hai uns anos, só as grandes axencias e corporacións podían acceder ao espazo. Hoxe en día con 100.00 euros pódese construír un nanosatélite dun quilo. Os expertos falan dunha ‘democratización’ do espazo.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...