InicioSociedadeO Concello e Universidade de Vigo impulsan a creación dun Observatorio da...

O Concello e Universidade de Vigo impulsan a creación dun Observatorio da Vivenda

Un novo organismo analizará a evolución do mercado inmobiliario e facilitará o diagnóstico da situación habitacional en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello e a Universidade de Vigo crearán un Observatorio da Vivenda para facer un diagnóstico da situación na cidade e a súa área metropolitana. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación.

O rexedor dixo que se iniciou a tramitación dun convenio para crear este Observatorio, despois de que o Concello encargase un estudo externo para a posible declaración de zona de mercado tensionado na cidade, na que se establecía como recomendación a creación deste observatorio.

Así, estudarase a evolución do mercado da vivenda e analizarase o acceso dos cidadáns á mesma. “Estudaremos tamén as diferenzas entre os barrios no acceso á vivenda e analizaremos o stock de vivendas, o custo e a situación do mercado de aluguer“, engadiu.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...