InicioSucesosRescatan un veleiro á deriva e encallado na costa de Vigo sen...

Rescatan un veleiro á deriva e encallado na costa de Vigo sen ninguén a bordo

A embarcación, de 9 metros, quedou entre as rochas entre Toralla e Canido. O propietario descoñecía que se soltara o fondeo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia rescataron o pasado domingo un veleiro á deriva na costa de Vigo que quedou encallado entre unhas rocas sen persoas a bordo. Segundo informa a Policía Local, foi pasadas as 17.30 horas cando se tivo constancia de que un veleiro de 9 metros de eslora estaba á deriva nunha zona comprendida entre Toralla e a praia de Canido.

Por iso, activouse o protocolo de emerxencia, personándose no lugar os axentes, que realizaron unha inspección aérea e co uso dunha moto acuática, sen localizar presenza humana na cuberta do barco.

Así, localizouse en terra ao propietario, un vigués de 54 anos de idade, que manifestou que a embarcación estivera fondeada nas proximidades da zona e descoñecía os motivos do desamarre e o posterior encallamiento. DDesa maneira, o barco permaneceu entre as rocas ata a subida da marea, sen que se rexistrasen vítimas nin contaminación na zona.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...