InicioPolíticaA política viguesa leva a debate o estado dos colexios: "As mestras...

A política viguesa leva a debate o estado dos colexios: “As mestras teñen que dar clase co abrigo posto”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cal é a situación da educación en Vigo? No último pleno da cidade, o grupo municipal socialista lanzou unha moción instando á Xunta a investir en 2019 5 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética dos centros educativos públicos de Vigo. 

Desde o PSOE denunciaron que nos colexios de Vigo “as mestras teñen que dar clase co abrigo posto polos problemas de calefacción, as paredes pecisan arranxos, hai pingueiras, a iluminación está obsoleta, non hai patio exterior se chove… E as direccións dos centros piden, pero non son escoitadas pola consellería”.

Pleno de Vigo/ Miguel Núñez

Ademais, os socialistas engadiron que “dede 1983, cando se transfiren as competencias de educación ás comunidades autónomas, o PP gobernou Galicia 20 anos, algunha responsabilidade terá. Pero non se lles escoita (na Xunta), acuden ao alcalde de Vigo”.

“Porque o alcalde visita os colexios, aos nenos e nenas, nos seus centros educativos. Todos eles saben a que porta teñen que chamar. Piden ao alcalde de Vigo, porque a quen teñen que pedir nin caso”, defende o PSOE.

De feito, como simple anécdota, unha das polémicas do mandato de Caballero xurdiu cando nun colexio os nenos lle cantaron que era “o puto amo”, momento que foi captado ata polo programa da Sexta El Intermedio.

Pleno de Vigo/ Miguel Núñez

“O goberno do PP non é inmigo da educación en Vigo, é inmigo da educación en toda Galicia”, engadían desde Marea de Vigo.

Pola súa banda, desde o propio PP falaban de “ambiente electoral”, e contestaron ao PSOE que “cando comezaron a falar parecía que se referían a Andalucía. O político máis sectario en Galicia é Abel Caballero que recibe só aos que lle dan palmadas na espalda. Esixen 5 millóns de euros para a eficiencia enerxética e hai rúas con 4 bombillas en Vigo”.

Para concluír, falaron de novo do proxecto do campus de FP, subliñando que “iso si que é futuro, non pequenas mocións para facer barullo”.

Pleno de Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...