InicioSociedadeEl Mundo Today, memes, La Sexta, imitacións... todo o que deron de...

El Mundo Today, memes, La Sexta, imitacións… todo o que deron de si en redes as luces de Vigo

Alegría, enfado, risos, polémica... todo isto producen os adornos navideños da nosa cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O maior encendido de luces de Nadal na historia de Vigo está dando moito que falar. Defensores, detractores e sobre todo moito humor por toda a xeografía española. Vigo, para ben ou para mal, está ‘no mapa’.

Así, no xornal de humor El Mundo Today parodian a un Caballero que promete aos vigueses  “O furacán máis grande do mundo”, polo que Vigo “encherase de luces e sereas de ambulancias”. “Que sepan os alcaldes de Fukushima, de Nueva Orleans, de Puerto Príncipe y de Khao Lak, en Tailandia, que vai a ser o non vai máis”, chancean.

“Cuánto nos van a envidiar, van a ser las navidades top de este planeta”, ou “vamos a situar a Vigo en el mapa de una vez por todas aunque para eso haya que borrarlo”, eran outra das frases paródicas da peza. Pero aínda deu para máis, con outro artigo que ‘asegura’ que os planetas da Vía Láctea comezaron a xirar arredor de Vigo, polo que piden abandoar o ‘vigocentrismo’.

En canto a medios de comunicación tradicional, destaca La Sexta. Xa falaran no seu día deste asunto pero as luces de Vigo retornaron á súa axenda. O rexedor vigués foi imitado por Miki Nadal no programa de sobremesa Zapeando.

Tamén elaborou un pequeno monólogo Dani Mateo, no ollo do furacán en redes recentemente por facer humor da bandeira española. Dani Mateo comparou con mofa a Caballero con Shakespiere.

Por último, desde El Intermedio crearon, a base de autotune e imaxinación, un novo hit baseado no discurso en spanglish do rexedor.

E en diferentes redes sociais, como Twitter ou WhatsApp, difúndense máis e máis contidos paródicos. Por exemplo a imaxe deste cartel do misterioso grupo Caín, que lle fai pugna a Abel, claro, e din ser admiradores das luces… ou quizais non.

Ou esta graciosa parodia que volve a relacionar Vigo e Nova Iork.
Tamén se fixo viral esta imaxe manipulada para a ocasión de Vigo desde o espazo.
E, por último, as redes non se esqueceron dun ‘recado’ á prensa local.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...