InicioSociedadeTodos os vigueses queren estar "Baixo o mesmo paraugas" nunha sociedade diversa...

Todos os vigueses queren estar “Baixo o mesmo paraugas” nunha sociedade diversa e plural

Este 3 de decembro o Concello de Vigo súmase ás máis de 50 entidades sociais de toda Galicia que celebrarán o Día Internacional das Persoas con Discapacidade,

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo sumarase o próximo 3 de decembro ás máis de 50 entidades sociais de toda Galicia que celebrarán o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co lema “Baixo o mesmo paraugas”. Esta iniciativa, que se organiza en Vigo por terceiro ano, conta cada vez con máis colectivos participantes.

A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, animou a toda a cidadanía a acudir o día 3 ás 11:30 horas á Praza da Estrela cun paraugas, para apoiar unha acción “que pretende visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual”.

Tal e como explicou a directora de APAMP, Concepción Somoza, este ano participarán por primeira vez alumnos de centros educativos de infantil e primaria, como unha clara aposta por traballar a inclusión desde as aulas para conseguir un cambio social real.

Nesa xornada serán as persoas con discapacidade as que lean un manifesto coas súas principais reivindicacións, en representación das seguintes entidades: APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral); Alento; Fundación Aldaba; Federación ASPACE Galicia; Aceesca; Centro Juan María; ASPANAEX; San Xerome; HC San Rafael Vigo; Avempo; DiscaminodeSantiago e EVD Galicia.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...